Premio "Raíña Lupa" de literatura infantil e xuvenil
Coa vontade de fomentar a creatividade literaria dirixida ao mundo dos máis pequenos e de facer memoria desta personaxe de lenda vinculada ás terras de Compostela convócase o Premio "Raíña Lupa" de literatura infantil e xuvenil.
INSCRÍBETE NO CLUB DA RAÍÑA LUPA !
Formulario para menores de idade
'Non hai idade, hai literatura'
Nace un club de lectura ao abeiro do Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil da Deputación da Coruña para estender e socializar a idea de que a LIX vai máis aló do público estritamente infantil e xuvenil.
Esta iniciativa está coordinada pola gañadora da última edición, Andrea Maceiras, e terá lugar na Sala Sala César Antonio Molina da Biblioteca provincial da Coruña, ás 18 h do último venres dos meses de abril, maio, setembro, outubro e novembro.
Calendario de lecturas e encontros:
29 de abril: Antonio Manuel Fraga con "Santoamaro"
27 de maio: Érica Esmorís con "Patio de luces"
30 de setembro: Berta Dávila con "Un elefante no cuarto de estar"
28 de outubro: Ledicia Costas con "O neno de lume" e Manuel Rivas con "A nena lectora"
25 de novembro: Andrea Maceiras con "Que se me pare o corazón se te esquezo"
Para participar é necesario inscribirse previamente.
O número de prazas está limitado a 20 persoas e pode participar tanto o público máis novo como calquera persoa adulta -nais, pais, irmáns, docentes, bibliotecarias- que desexe compartir a experiencia lectora cos máis novos e novas.
Histórico do premio
CONVOCATORIA | AUTOR/AUTORA | OBRA |
2021: XV Premio | Andrea Maceiras Lafuente | Que se me pare o corazón se te esquezo |
2020: XIV Premio | Xosé A. Neira Cruz | O enigma de Santiago |
2019: XIII Premio | Valentín Alvite Gándara | Antía e Daren |
2018: XII Premio: Gañadora | An Alfaya | O Grupo |
2018: XII Premio: Finalista | Xosé García Rodríguez | Revolución Detrito |
2017: XI Premio | Marilar Aleixandre | A filla do Minotauro |
2015: X Premio | Héctor Cajaraville Araújo | A caixiña dos rancores |
2012: IX Premio | Jesús Fraga Sánchez | Reo |
2010: VIII Premio | Marcos Calveiro | Centauros do norte |
2008: VII Premio | Carlos López Gómez | A peripecia de Roi |
2006: VI Premio | Antonio Yáñez Casal | Viaxe a Libunca |
2004: V Premio | Breogán Riveiro Vázquez | Tonecho de Rebordechao |
2002: IV Premio | Xosé A. Neira Cruz | O armiño dorme |
2000: III Premio | Antonio Reigosa Carreiras | Resalgario en Traslicia |
1999: II Premio | Mario Pereira Fernández | Velaí vai o verme |
1998: I Premio | Agustín Fernandez Paz | Cos pés no aire |