Rede Cultural da Deputación da Coruña
Coa Rede Cultural conectamos o ámbito municipal cos creadores e creadoras e axudamos á existencia dunha boa oferta cultural en todos os concellos, a través do apoio ao financiamento e desenvolvemento de catro programas específicos:
- ESCENA AO VIVO: Programación profesional de teatro, monicreques, maxia e danza para concellos.
- VISIÓNS: Programación profesional de cinema e contidos audiovisuais para concellos.
- ALICERCE: Programación de música, danza e teatro non profesional para concellos.
- LINGUA AO VIVO: Programa de espectáculos profesionais de artes escénicas e música para concellos, especializado en contidos relacionados coa dinamización social da lingua galega.
Rede Cultural 2021
Os prazos desta convocatoria serán os seguintes:
1.- Primeira fase: inscrición de espectáculos:
Inicio: o día seguinte ao de publicación desta convocatoria no BOP
Fin: 26 de febreiro de 2021, as 14:00 horas