Estás en:Deporte Campaña de inverno 2019

Campaña de inverno 2019

Campaña de inverno para rapaces e rapazas de 11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2019), residentes en calquera municipio da provincia. Os participantes gozarán de catro días na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, ademais dos cursiños de esquí.

COTA DE INSCRICIÓN: No transcurso da inscrición será facilitado pola Deputación un número de conta onde se aboará a cota de 85,00 € (oitenta e cinco euros), facendo constar o nome do/a neno/a, concello e CAMPAÑA DE INVERNO 2019.

INCLÚE: Transporte, estadía e manutención na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

Conta bancaria

Datos da conta bancaria para facer o ingreso de 85 euros/praza correspondente á viaxe a Cabeza de Manzaneda.

Entidade adxudicataria: AVORIS RETAIL DIVISIÓN, S.L.(B THE TRAVEL BRAND)
Banco BBVA
Nº de conta: ES 43 0182 4899 1102 01530216
SWIFT: BBVAESMMXXX

É imprescindible facer constar no concepto do ingreso os seguintes datos:

  • Campaña de Inverno 2019
  • Nome e apelidos do neno/a participante
  • Concello.

INFORMACIÓN XERAL DA CAMPAÑA DE INVERNO 2019  E DATOS DE INTERESE

1.- RECOLLIDA E REGRESO

Estableceranse  puntos e horarios de recollida que serán indicados nesta mesma web para cada quenda. O  autocar estará identificado co logotipo da Deputación da Coruña.

O regreso será no mesmo lugar que a recollida. Saímos da Estación o luns despois do xantar.

2.- ALOXAMENTO

O aloxamento será no Albergue Bibei, na propia Estación de Manzaneda, en réxime alimenticio de pensión completa, dende o xantar do venres ata o xantar do luns (ambos os dous inclusive), polo que todos os gastos están cubertos.

Non é necesario que o neno/a leve cartos ( agás que fose desexo dos pais para pequenos gastos : refrescos, auga…) . De levalos, deberán ter en conta que a entidade organizadora non se responsabilizará deles.

 

3.-EQUIPO NECESARIO

  • Guantes
  • Gorro
  • Gafas de esquí e de sol
  • Anorak térmico
  • Pantalón impermeable ou similar
  • Pixama e zapatillas e roupa interior
  • Roupa de rúa (pantalóns, zapatos, suadoiros)
  • Equipamento deportivo: camisetas, pantalóns, calcetíns, chancletas ducha, chándal e zapatillas de deporte
  • Útiles de aseo: xampú, peite, pasta de dentes e cepillo, desodorizante, crema protectora de labios…
  • Crema protectora de sol, factor 15 como mínimo
  • Chuvasqueiro
  • Mochila pequena
  • Traxe de baño, toalla, gorro , chanclas e gafas para a piscina

 

O material específico da actividade de esquí entregaráselle a cada participante na Estación.

 

4.-MEDICACIÓN E ALERXIAS

Se o/a neno/a participante estivese en tratamento médico ou padecese algunha alerxia que se teña que ter en conta, deberá presentar informe médico coas pautas do medicamento e deberá cubrir o impreso que está cargado nesta web para poder entregalo ao monitorado na saída, xunto co medicamento: LIGAZÓN AO IMPRESO

A administración de medicamentos realizarao persoal sanitario. De presentárense casos como febre, dor de cabeza, golpes, caídas… que requiran algunha pomada ou medicamento para esta situación concreta, informarase ao pai/nai/titor/a legal para a súa autorización.

 

5.- PROGRAMA DIARIO

O programa diario será o seguinte (programa  e horario orientativo que poderá variar en función das condicións climatolóxicas ou do desenvolvemento das actividades):

CALENDARIO

HORARIOS

ACTIVIDAD  / ROTACIÓN DOS GRUPOS

VENRES:

 

25/Enero/2019

E

01/Febrero/2019

E

08/Febrero/2019

E

15/Febrero/2019

E

22/Febrero/2019

12:15

Chegada e recollida de material

13:15

Xantar

14:00 a 15:00

Actividades predeportivas

15:00 a 17:00

CON NEVE:

Clases de esquí

SEN NEVE:

Ping-Pong - Grupo 1.1

Minibasket  - Grupo 1.2

Piscina -Grupo 2.1

Baloncesto - Grupo 2.2

17:30 a 19:00

Rocódromo - Grupo 1.1

Pelota Canadiense  - Grupo 1.2

Balonvolea -Grupo 2.1

Tiro con arco - Grupo 2.2

19:00 a 20:30

Supervivencia - Grupo 1.1

Vivacs  - Grupo 1.2

Torneo deportivo -Grupo 2.1

Béisbol - Grupo 2.2

20:30

Cea

21:30 a 22:30

Masterclass de baile 

22:30 a 23:30

Festa de benvida. Discoteca

 

 

 

SÁBADO:

 

26/Enero/2019

E

02/Febrero/2019

E

09/Febrero/2019

E

16/Febrero/2019

E

23/Febrero/2019

09:30

Almorzo

10:00 a 11:30

Béisbol - Grupo 1.1

Torneo deportivo - Grupo 1.2

Vivacs  - Grupo 2.1

Supervivencia - Grupo 2.2

11:30 a 13:30

CON NEVE:

Práctica del esquí

SEN NEVE:

Gymkana de actividades – Grupo 1

Orientación fotográfica  – Grupo 2

13:30

Xantar 

15:00 a 17:00

CON NEVE:

Clases de esquí

SIN NEVE:

Baloncesto - Grupo 1.1

Piscina - Grupo 1.2

Minibasket  - Grupo 2.1

Ping-Pong - Grupo 2.2

17:30 a 19:00

Sendeirismo

19:00 a 20:30

Tiro con Arco - Grupo 1.1

Balonvolea - Grupo 1.2

Pelota Canadiense  - Grupo 2.1

Rocódromo - Grupo 2.2

20:30

Cea

21:30 a 22:30

Taller de disfraces

22:30 a 23:30

Concurso de talentos

DOMINGO

 

27/Enero/2019

E

03/Febrero/2019

E

10/Febrero/2019

E

17/Febrero/2019

E

24/Febrero/2019

09:30

Almorzo

10:00 a 11:30

Vivacs  - Grupo 1.1

Supervivencia - Grupo 1.2

Béisbol - Grupo 2.1

Torneo deportivo -Grupo 2.2

11:30 a 13:30

CON NEVE:

Práctica del esquí

SEN NEVE:

Orientación fotográfica – Grupo 1

Gymkana de actividades – Grupo 2

13:30

Xantar -  Grupos 1 y 2

15:00 a 17:00

CON NEVE:

Clases de esquí

SEN NEVE:

Minibasket  - Grupo 1.1

Ping-Pong - Grupo 1.2

Baloncesto - Grupo 2.1

Piscina -Grupo 2.2

17:30 a 19:00

Balonvolea – Grupo 1.1

Tiro con Arco – Grupo 1.2

Rocódromo – Grupo 2.1

Pelota Canadiense – Grupo 2.2

19:00 a 20:30

Piscina

20:30

Cea

21:30 a 22:30

Karaoke

22:30 a 23:30

Festa de despedida e entrega de Diplomas

 

 

 

LUNS

 

28/Enero/2019

E

04/Febrero/2019

E

11/Febrero/2019

E

18/Febrero/2019

E

25/Febrero/2019

08:00 a 08:30

Recollida de maletas (pabellón)

08:30

Almorzo

09:00 a 10:30

Pelota Canadiense  - Grupo 1.1

Rocódromo - Grupo 1.2

Tiro con Arco - Grupo 2.1

Balonvolea -Grupo 2.2

10:30 a 12:30

CON NEVE:

Clases de esquí

SEN NEVE:

Piscina- Grupo 1.1

Baloncesto - Grupo 1.2

Ping-Pong - Grupo 2.1

Minibasket  - Grupo 2.2

12:30 a 14:00

Torneo deportivo- Grupo 1.1

Béisbol - Grupo 1.2

Supervivencia - Grupo 2.1

Vivacs  - Grupo 2.2

14:00

Xantar

15:00

Saida

 

 

 En caso de ausencia de neve, a actividade de esquí será substituída por outra/s xa previstas.

6.- CHAMADAS

Os nenos e nenas que leven teléfono móbil deben identificalo na parte traseira do terminal cun adhesivo co seu nome, xa que o monitorado  retirarallo cando cheguen á Estación.

Establecese o horario de 21:00 a 21:30 horas para que poidan chamar aos nenos/as .O monitorado entregaralle os móbiles para que poidan realizar e recibir chamadas.

Para quen non leve móvil, os pais terán ao seu dispor os móbiles dos monitores que se indican deseguido, para poder falar co neno/a no horario indicado:

BUS 1: 676059976 (de cada quenda)

BUS 2: 649268381 (de cada quenda)

No caso de chamar a través do móbil do monitorado, solicitamos brevidade.

Na viaxe de volta, entregaránselle  os nenos/as os móbiles.

Os país/nais/titor/a teñen ao seu dispor un teléfono de emerxencias 24 horas para casos urxentes: 699826795

Os pais/nais/titor/a teñen ao seu dispor un teléfono de información xeral en horario de luns a venres de 9.30h a 13.30: 981080878

7.- SEGURO

Está incluído un seguro con cobertura de asistencia médica ilimitada en Centros concertados e cun tope de 3.000€ en centros alleos, traslado de enfermos e feridos, responsabilidade civil, indemnización por falecemento e invalidez.

En caso de accidente, o persoal sanitario a cargo encargarase de dar a primeira asistencia ao neno/a. En caso de ser necesario, será trasladado a un centro médico. En todo momento o pai/nai/titor/a e a Deputación serán informados, tanto do contratempo como da súa evolución. O neno/a estará sempre acompañado dun monitor.

A cobertura do seguro é válida unicamente durante a duración da viaxe.

 

 

8.- OUTRA INFORMACIÓN DE INTERESE

Por razóns de organización e control, non é posible o cambio do autobús asignado.

A cota de 85€ non se reembolsará, agás imposibilidade de iniciar a participación na Campaña por enfermidade grave e previa xustificación documental desta (enténdese por  enfermidade grave, a alteración da saúde, constatada por un profesional médico, que implique hospitalización ou necesidade de gardar repouso, e que implique o cesamento de calquera actividade).

Se por algunha circunstancia algún neno ou nena ten que abandonar a Estación, deberá sernos comunicado por escrito e coa sinatura do seu pai/nai/representante legal neste impreso: LIGAZÓN AO IMPRESO

A web irá actualizándose con fotos das diferentes actividades.