Plan de Mobilidade Provincial
Con este Plan búscase dotar á Deputación da Coruña dun instrumento de planificación e deseño que permita, a través do fomento do uso da bicicleta na provincia da Coruña, o desenvolvemento de medidas por e cara a unha mobilidade máis sostible, respectuosa co medio ambiente e enerxeticamente eficiente.
- PROXECTOS DE MOBILIDADE PROMOVIDOS POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
![]() |
A Deputación da Coruña, de conformidade coas resolucións do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), entidade dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, formuladas no contexto do Real Decreto 616/2017, do 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, desenvolve os seguintes proxectos de mobilidade incluídos no Plan Director de Mobilidade Ciclista da Deputación da Coruña:
1. VÍA VERDE SANTIAGO – OROSO – ORDES – CERCEDA - TORDOIA:
Proponse a execución de varias senllos-bici para a implantación da “Vía Verde” entre Santiago e Tordoia, aproveitando a infraestrutura do ferrocarril en desuso, de acordo con os seguintes proxectos:
- VÍA VERDE TRAMO I (Oroso)
- VÍA VERDE TRAMO II (Ordes)
- VÍA VERDE TRAMO III (Cerceda e Tordoia)
En liña coas determinacións das Directrices de Ordenación do Territorio vixentes en Galicia, cando non sexa posible o uso das infraestruturas ferroviarias en desuso para outro tipo de servizos ferroviarios, contemplarase o seu aproveitamento para dar soporte á mobilidade alternativa ao coche.
Obxectivos establecidos:
- Aproveitar a infraestrutura ferroviaria en desuso de Galicia para o desenvolvemento de Vías Verdes.
- Dar continuidade ao eixo primario A Coruña – Santiago de Compostela.
- Ofrecer unha alternativa a mobilidade comarcal.
- Poñer en valor e conservar a infraestrutura ferroviaria existente tal cal foi concibida, de maneira que se recoñeza o seu valor patrimonial como infraestrutura histórica.
- Contribuír ao aforro de enerxía e á redución das emisións de gases contaminantes (5,3%).
2. SENDA CICLABLE Z.E.C. ABEGONDO – CECEBRE
Dadas as oportunidades que presenta, por unha banda os eixos de vías ciclistas xa executados que terminan nas inmediacións do encoro de Cecebre (vía ciclista do Burgo), a riqueza ambiental e paisaxística da contorna, a súa localización estratéxica desde o punto de vista da mobilidade ciclista ao atoparse no medio dos eixos que conectan A Coruña – Santiago de Compostela e A Coruña – Ferrol; considérase prioritario acometer as actuacións necesarias para dotar de senllos-bici adecuadas que permitan potenciar e dinamizar a mobilidade ciclista nos municipios limítrofes: Abegondo, Carral, Cambre, Betanzos e Bergondo. Esta proposta constitúe ademais unha extensión do carril bici metropolitano da Coruña á contorna inmediatamente próxima dos devanditos concellos. Os proxectos a realizar son os seguintes:
- SENDA CICLABLE Z.E.C. ABEGONDO – CECEBRE TRAMO 1 (Abegondo, Betanzos, Bergondo e Carral)
- SENDA CICLABLE Z.E.C. ABEGONDO – CECEBRE TRAMO 2 (Abegondo e Carral)
- SENDA CICLABLE Z.E.C. ABEGONDO – CECEBRE – CONEXIÓN CON CARRAL (Abegondo e Carral)
Obxectivos establecidos:
- Poñer en valor a contorna do encoro de Cecebre.
- Dar unha solución integral á mobilidade ciclista na contorna do encoro de Cecebre.
- Constituír o encoro de Cecebre como nodo de conexión entre distintos Concellos.
- Conectar o eixo primario A Coruña – Santiago de Compostela co eixo primario A Coruña – Ferrol, a través do encoro da conexión Carral – Cecebre – Betanzos.
- Contribuír ao aforro de enerxía e á redución das emisións de gases contaminantes (5,3%).
Todas estas actuacións inclúense no Obxectivo Específico 451. Mobilidade urbana sustentabler: Transporte urbano limpo, transporte colectivo, conexión urbana-rural, mejoras red viaria, transporte ciclista e desenvolvemento de sistemas de suministro de enerxías limpas. Medida 08: Implantación de Plans de Mobilidade Urbana Sustentable (PMUS) ou plans directores de mobilidade, da convocatoria de Economía Baixa en Carbono do IDAE e contan cunha financiación do fondo europeo FEDER do 80%.
Enlaces de interese: