ENQUISA INDIVIDUAL
Para facilitar encher os datos da enquisa individual de formación que se indican a continuación, ponse a disposición das persoas destinatarias desta enquisa a información e documentación de axuda (formato PDF) nas seguintes ligazóns:
Nota Informativa núm. 1: Xustificación dos novos datos da enquisa
Nota Informativa núm. 2: Colectivo Profesional Mapa de postos de traballo tipo
Nota Informativa núm. 3: Área do posto de traballo Mapa de áreas de traballo tipo
Modalidade de realización da acción formativa.
• Datos a cubrir aos que se refire esta información adicional e documentación de axuda
(documento PDF):
-Enquisa individual:
Dato: Colectivo profesional
Dato: Colectivo profesional destinatario
Dato: Área do posto de traballo
Dato: Modalidade de realización da acción formativa
No tipo de enquisa individual, poderanse consultar as distintas opcións seleccionables (denominación e contido do respectivo concepto seleccionable) para os datos indicados: colectivo profesional e área do posto de traballo.
A persoa participante deberá seleccionar aquela opción da listaxe, que sexa mais axeitada en relación ao contido do concepto do dato seleccionable.
Advertencia de requisito de acceso á plataforma SUBTel:
Lembre que para poder acceder á Plataforma Subtel ten que estar de alta no Directorio Público Local. Se non coñece o seu Usuario e Contrasinal, pode solicitalo ao Responsable de Administración Electrónica da súa Entidade. Se precisa soporte, pode contactar co CAU da Deputación no 981415555 ou no enderezo soporte.cau@dacoruna.gal.
