Plans de Formación-Información Xeral
Plans de formación - Información xeral
Obxectivos:
- Potenciar o capital humano da administración local coruñesa, favorecendo e impulsando o seu papel estratéxico na consecución dos obxectivos de cada unha das entidades locais adheridas ao plan.
- Garantir que a formación continua chegue ao persoal de todos os municipios da provincia, especialmente aos que teñen menos posibilidades e recursos, así como a aqueles colectivos que dificilmente poderían acceder a plans de formación promovidos por outras entidades.
- Mellorar a calidade dos servizos públicos que prestan as entidades locais da provincia.
- Optimizar o uso das novas tecnoloxías, de maneira que se consiga unha mellora cualitativa nos servizos que se prestan á cidadanía e facilitando a implementación da administración electrónica
- Facilitar a carreira profesional do persoal da administración local da provincia.
- Actualizar os coñecementos dos participantes en relación cos seus postos de traballo, de maneira que se consiga unha adecuada adaptación persoa-posto.
- Favorecer o desenvolvemento das competencias persoais e profesionais do persoal público local das entidades adheridas ao plan.
- Concienciar ás empregadas e empregados públicos locais da importancia do papel que xogan como servidores da cidadanía, transmitindo a través da formación a cultura e ética do servizo público.
- Potenciar a capacidade crítica do conxunto de traballadores e traballadoras da administración local coruñesa, favorecendo unha actitude de compromiso fronte á modernización dela Administración local e á prestación duns servizos de calidade aos cidadáns.
Persoas destinatarias:
Persoal das entidades locais adheridas ao Plan agrupado de formación continua 2017
Entidades adheridas:
-
Deputación Provincial da Coruña
-
Concellos de:
-
A Baña, A Capela, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Abegondo, Ames, Aranga, Ares, Arteixo, Arzúa, As Pontes de García Rodríguez, As Somozas, Bergondo, Betanzos, Boimorto, Boiro, Boqueixón, Brión, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Camariñas, Cambre, Carballo, Cariño, Carnota, Carral, Cedeira, Cee, Cerceda, Cerdido, Coirós, Corcubión, Coristanco, Culleredo, Curtis, Dodro, Dumbría, Fene, Ferrol, Fisterra, Frades, Irixoa, Laxe, Lousame, Malpica de Bergantiños, Mañón, Mazaricos, Melide, Mesía, Miño, Moeche, Monfero, Mugardos, Muxía, Muros, Narón, Neda, Negreira, Noia, O Pino, Oleiros, Ordes, Oroso, Ortigueira, Outes, Oza-Cesuras, Paderne, Padrón, Ponteceso, Pontedeume, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois, Sada, San Sadurniño, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Sobrado, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Valdoviño, Val do Dubra, Vedra, Vilasantar, Vilarmaior, Vimianzo, Zas.
-
Outras entidades locais:
-
Consorcio das Mariñas, Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña, Mancomunidade Arousa-Norte, Mancomunidade de Concellos da Serra de Barbanza, Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ordes, Consorcio para a Promoción do Turismo, Consorcio para a Promoción da música da Coruña