Neste 2024 a escritora homenaxeada é Luísa Villalta, coruñesa do ano 1957, estuda na USC, onde se licencia en Filoloxía Galego-portuguesa e Hispánica. Era tamén titulada superior en violino. Formou parte da Xove Orquestra de Galicia e da Orquestra de Santiago de Compostela, así como doutros grupos de cámara.
Foi unha escritora prolífica e versátil, autora de poesía, narrativa, ensaios, pezas dramáticas, textos xornalísticos e tradutora. Paralelamente á súa traxectoria como autora, desenvolveu unha intensa actividade cultural. Participou en seminarios, recitais de poesía, deu conferencias e colaborou en numerosas publicacións periódicas.