Antolín Faraldo
No ano 2022 cumpríranse 200 anos do nacemento en Betanzos de Antolín Faraldo, figura histórica clave no renacer político, social e cultural de Galicia. Liberal e progresista, Faraldo foi o representante máis destacado dos primeiros provincialistas galegos, no século XIX, e animou as publicacións El Idólatra de Galicia (1841-1842), El Recreo Compostelano (1842-1843) e El Porvenir (1845), nas que establece as primeiras bases da ideoloxía provincialista.
A Deputación da Coruña desenvolveu durante ese ano unha programación específica na súa lembranza, coa finalidade de contribuír ao maior coñecemento social da súa obra e pensamento e de favorecer o aproveitamento da súa figura como elemento de construción dun relato cultural, patrimonial e mesmo turístico de interese para os concellos vinculados (Betanzos, Santiago de Compostela, Teo e Carral).
Dentro desta programación, a Sección de Normalización Lingüística promoveu unha serie de actividades para poñer en valor a obra e traxectoria deste escritor e xornalista betanceiro:
