Encontro de profesionais de normalización lingüística no eido local
En 2025 a Sección de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña organizou este espazo de encontro, cohesión e inspiración para o persoal técnico de normalización lingüística nos concellos da provincia da Coruña, financiado ao abeiro da súa convocatoria de subvencións.
Obxectivos xerais
- Facilitar un diálogo de calidade no que indagar colectivamente sobre as posibilidades da figura do persoal técnico de normalización lingüística, dar a coñecer o seu potencial e inspirar á acción nos territorios que contan con ela.
- Xerar un espazo de coñecemento mutuo e cohesión entre profesionais do eido da normalización lingüística na provincia e visibilizar a Deputación da Coruña como institución que traballa pola innovación nas políticas públicas en materia de normalización lingüística.
Programa
Mirar arredor
Dinámica de presentación das participantes
Mirar fóra
Micropresentación de experiencias de políticas de normalización lingüística no ámbito local doutros territorios. Coa participación de:
Mirar dentro I: políticas lingüísticas en diversas realidades sectoriais
Retos e oportunidades no cruce entre normalización lingüística e catro sectores diversos, a cargo de catro voces con experiencia nestes eidos.
- NL e educación. Por Nel Vidal, docente de ensino secundario
- NL, economía e emprego. Por Marta Besada, técnica de normalización lingüística do Concello de Santiago de Compostela
- NL e migracións. Por Tono Formoso, membro de Fabaloba
Mirar dentro II: espazo de traballo grupal
Grupos de traballo para afondar nas oportunidades de cada un destes ámbitos. Diálogo aberto coa Deputación.

