Estás en:Novas

Que non pare o conto!

Que non pare o conto! Para lectores e lectoras de entre 12 e 17 anos. Este verán no que non podemos viaxar tanto coma outros anos, queremos coñecer que vas ler e onde. Así que envíanos unha foto e entra no sorteo dun lector de libros electrónicos. É moi sinxelo:

Primeiro

Elixe a túa lectura e o teu lugar favorito para ler, dentro da provincia da Coruña. Que sexa ben fotoxénico porque querémolo publicar!

Segundo

Pide a alguén que che faga unha foto lendo nese lugar especial. Envíanos esa foto a biblioteca.infantilxuvenil@dacoruna.gal xunto co teu nome e apelidos, un teléfono de contacto, o libro que estás a ler e a súa autoría, e o lugar no que estás a ler. Envía tamén a autorización asinada que ven a continuación.

Terceiro

Entre todas as persoas que participedes sortearemos un lector de libros electrónicos en setembro. Lembra que a foto que mandes ten que cumprir as bases e que precisamos a autorización asinada para poder participar. Descarga aquí as bases e a autorización: Bases Que non pare o conto 2021