Revista infantil e xuvenil da BPDC
Abracadabra Nº 71
Algunha vez pensastes que todo o mundo tiña o mesmo coche que vós despois de cambialo? ou que era incrible o número de persoas con muletas despois de romper o nocello? Non é que de súpeto o universo se aliñase para que todo o mundo viva as mesmas experiencias que ti. É que o teu cerebro só ve as cousas nas que decide poñer atención.
Cada día fascíname máis o funcionamento do noso cerebro... E vós, en que cousas depositades a vosa atención?
Se queredes ver a revista completa podedes facelo picando AQUÍ
Vémonos no próximo número!!!!
