Estás en:Novas

Inscrición nos Obradoiros de Literatura

Inscrición nos Obradoiros de Literatura Impartido por Patricia Cernadas.   Día para elixir: os luns, martes, mércores e xoves Horario: de 17:00 a 19:00 h Prazas: 20 cada grupo Data de comezo: semana do 18 de outubro Inscrición nos  talleres de literatura Poden inscribirse todos os socios/as na páxina web www.dacoruna.gal/biblioteca no apartado Actividades, premendo en Inscrición no taller de literatura e elixindo o día correspondente (é necesario ter o carné da biblioteca a man). A páxina para inscribirse ás actividades activarase o día 6  de outubro ás 10:30 h. Continuará aberta a inscrición ata que se cubran as prazas e a listaxe de agarda. Reservaranse 6 prazas por curso para facer a inscrición por teléfono chamando ao 981 080 171 o día 6 de outubro en horario de 10:30 a 12:30 h (para as persoas que non dispoñen de medios electrónicos).   Nuns días, ás persoas que obtivesen a praza, comunicaráselles por correo electrónico. Crearanse listaxes de agarda coas persoas non admitidas.   Reservarase unha praza por persoa.   Os cursos son gratuítos.   Para calquera dúbida, chame ao 981 080  171 ou escriba a biblioteca.info@dacoruna.gal Información completa: Cursos literatura e poesía adultos Outono 2021