Estás en:Novas

Día das Bibliotecas

Día das Bibliotecas Achegámonos un ano máis a unha das datas máis especiais tanto para profesionais das bibliotecas como as persoas usuarias coas que compartimos diariamente a paixón polos libros e a lectura. Así que preparamos un programa para todas as idades para que poidades desfrutar deste día connosco.  

Apadriña un libro olvidado!

Preguntástesvos algunha vez que sucede cos libros esquecidos? E coas personaxes que habitan nas súas páxinas? Quedan tamén elas recluídas no esquecemento? Como afecta iso ás nosas vidas? La niña que salvó los libros de Klaus Hagerup inspirounos. Únete a ela e non permitas que ningún libro quede no esquecemento. Axudémola a recuperar a memoria perdida. Apadriña un libro. Só hai que scoller un libro esquecido, lelo e falar del con outras persoas. Xuntos conseguirémolo! Toda a semana do día 18 ao 24 atoparás na EbiblioDaCoruna un carrusel con libros xamáis prestados. Descubre un!  

Descobre algúns tesouros da Biblioteca pasando uns minutos na BD

Do día 18 ao 22 de outubro publicaremos cada día un vídeo sobre algún dos tesouros menos coñecidos de entre os exemplares que podedes atopar na Biblioteca. Seleccionamos exemplares nos que ten especial relevancia o papel da muller ao longo da historia. Atópaos cada día nas redes sociais e na web da Biblioteca.  

Taller de marionetas de papel

Volven as celebracións na Biblioteca, agora en lugar de abertas no vestíbulo, serán con prazas limitadas, non esquezas apuntarte! Pasarémolo en grande! Idade: de 7 a 12 anos Día: 22 de outubro Horario: de 18:00 a 20:00 h Prazas: 15 Lugar: Sala Manuel López Poderán reservar praza todos os socios/as, a partir do 18 de outubro, chamando ao 981 080171 en horario de  10:30 h a 13:30 h e de 17:00 a 20:00 h  

Visita guiada á Biblioteca

Se queres un percorrido guiado pola Biblioteca e por algúns dos fondos máis curiosos e importantes, apúntate á visita guiada á Biblioteca. Día: 22 de outubro Horario: 11:00 h Prazas: 7 Reserva praza enviando un correo electrónico co teu nome e apelidos e un teléfono a biblioteca.info@dacoruna.gal.  

Mergúllate na literatura de autoras

Todo o mes de outubro dedicámolo ás escritoras, polo cal estamos publicando todos os días un fragmento dunha obra dunha escritora nas redes sociais da Biblioteca, co cancelo #LeoAutorasOct. Atopa inspiración e proba literatura que non coñecías.  

A túa alta na EbiblioDaCoruna ten premio!

Sabemos que sodes amantes da lectura en papel e do recendo dos libros, pero désteslle unha oportunidade á lectura dixital? É moi cómodo poder coller un libro prestado alá onde te atopes e en calquera momento. Así que dámosvos un empurrón regalándovos un pequeno agasallo a todas aquelas persoas que realicedes a alta no servizo do 18 ao 24 de outubro.