Estás en:Novas
Accións da BPDC na provincia da Coruña

II XORNADA DAS BIBLIOTECAS DA PROVINCIA DA CORUÑA: NOVAS TECNOLOXÍAS NAS BIBLIOTECAS: retos, riscos e oportunidades

A Biblioteca Provincial da da Deputación da Coruña convoca a II Xornada das Bibliotecas da Provincia da Coruña, unha xornada de formación, traballo conxunto, convivencia e debate destinada a todo o persoal traballador das bibliotecas municipais da provincia da Coruña.

II XORNADA DAS BIBLIOTECAS DA PROVINCIA DA CORUÑA: NOVAS TECNOLOXÍAS NAS BIBLIOTECAS: retos, riscos e oportunidades

NOVAS TECNOLOXÍAS NAS BIBLIOTECAS: retos, riscos e oportunidades
II Xornada das Bibliotecas da Provincia da Coruña
II XORNADA DAS BIBLIOTECAS DA PROVINCIA DA CORUÑA
Organiza: Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

Venres 13 de novembro de 2026

De 9.30 a 17.00 horas

Pazo de Mariñán ( Bergondo)

DESCRICIÓN DA XORNADA


A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña organiza unha nova edición da Xornada das Bibliotecas da Provincia da Coruña, un encontro de formación, reflexión e intercambio de experiencias dirixido ás persoas que traballan nas bibliotecas da provincia.

Baixo o título «Novas tecnoloxías nas bibliotecas: retos, riscos e oportunidades», a xornada tratará os profundos cambios que a transformación tecnolóxica está a introducir no ámbito bibliotecario e cultural, así como as novas posibilidades, interrogantes e desafíos que presenta para os e as profesionais do sector.

Ao longo da xornada, diferentes especialistas analizarán cuestións relacionadas coa incorporación das novas tecnoloxías ao traballo das bibliotecas, as súas aplicacións prácticas, as oportunidades que ofrecen para mellorar os servizos e a relación coas persoas usuarias e os retos que suscitan nun contexto de transformación cada vez máis rápida.

A xornada celebrarase o venres 13 de novembro, de 9.30 a 18.00 horas, no Pazo de Mariñán, e combinará os contidos formativos con espazos para o encontro, o diálogo e o intercambio de experiencias entre profesionais.

A programación incluirá unha pausa café e un xantar para as persoas asistentes, favorecendo tamén os momentos de convivencia e contacto entre o persoal das diferentes bibliotecas da provincia.

QUEN PODE INSCRIBIRSE?

A inscrición está aberta a todo o persoal que traballe nas bibliotecas, independentemente da súa categoría profesional e da súa relación laboral ou administrativa.

NON é necesario ser funcionario ou funcionaria para participar na xornada.

Poderá inscribirse calquera profesional que forme parte do persoal dunha biblioteca, sexa funcionario/a, persoal laboral, persoal contratado ou pertenza a calquera outra modalidade de vinculación profesional.

INSCRICIÓN

As prazas asignaranse por orde de inscrición.

• Data: venres 13 de novembro de 2026
• Horario: 9.00–17.00 horas
• Lugar: Pazo de Mariñán, Concello de Bergondo
• Inclúe: pausa café e xantar
• Prezo: gratuíto
• Prazas: limitadas ata completar aforo. Data límite para a inscrición o 4 de novembro.

FORMULARIO DE DE INSCRICIÓN

Información e contacto en:

Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

biblioteca.info@dacoruna.gal e no 981 415 175

Cartaz da II Xornada Bibliotecas da Provincia da Coruña

WEB_II-Xornadas-Bibliotecas_Provincial.jpg