![2ª sesión II Curso Deseño de videoxogos en 3D (online)](/files/cache/78738eeeb5800306d8707dbfce02b125_f19800.jpg)
Idade: de 9 a 14 anos.
Duración: 4 sesións de 1,5 horas cada unha.
Días: 20, 27 de novembro e 11 e 18 de decembro.
Horario: de 11.30 a 13.00 horas.
Prazo de inscrición: comeza o 11 de novembro ás 10:30 h.
Modalidade: en liña.
Os cursos son gratuítos.
Sesións online:
- Conexión por Microsoft
- Non son necesarios coñecementos previos.
- Compartición de pantalla do docente.
- Resolución de dúbidas en tempo real, por voz e chat, con compartición da pantalla do alumno/a e por email entre sesións.
Necesidades tecnolóxicas:
- Conexión internet cun ancho de banda razoable.
- Altofalantes e micro ou cascos.
INSCRICIÓN
Poden inscribirse todas as
persoas socias na páxina web
www.dacoruna.gal/biblioteca no apartado
Actividades, premendo en
Inscrición nas actividades TIC e elixindo o curso de Deseño de Videoxogos en 3D (ter o carné da biblioteca a man).
A páxina para inscribirse ás actividades activarase o
11 de novembro ás 10:30 h da mañá. Antes desa hora non estará visible desde a web. Se despois desa hora non a ves, refresca a páxina.
Reservaranse prazas (5 prazas) para facer a inscrición por teléfono polo que haberá que chamar o 11 de novembro ao 981 080 171, en horario de 10:30 a 12:30 h (para as persoas que non dispoñen de medios electrónicos).
Nuns días, ás persoas que obtivesen a praza, comunicaráselles por correo electrónico. Crearanse listaxes de agarda coas persoas non admitidas.
10 prazas.Reservarase unha praza por nen@ (agás irmáns)
Para calquera dúbida, chamar ao 981 080 171 ou escribir a
biblioteca.infantilxuvenil@dacoruna.gal.NOTA IMPORTANTE
Para asegurar que non se producirán perdidas de tempo durante os días de desenvolvemento dos talleres,
farase unha proba de conexión cos nenos e nenas, previa ao arranque da actividade, tanto para a conexión das videoconferencias como polo funcionamento dos programas cos links de descarga dos arquivos que serán enviados.
Programa completo:
II Curso Deseño de videoxogos en 3D outono2021