Estás en:Novas

A Deputación recupera a a Agustín Fernández Paz, con motivo do 15 aniversario do Premio Raíña Lupa

A homenaxe, que tivera que ter suspendida o pasado mes de decembro por motivos de saúde de varias participantes, ten por obxectivo poñer en valor a obra e a traxectoria do autor que gañara a primeira edición do Premio coa obra "Cos pés no aire"

Participarán a escritora e académica Fina Casalderrey, o editor Manuel Bragado, o escritor Paco Martín, a escritora Eva Mejuto, e a tradutora Isabel Soto

A Deputación recupera a  a Agustín Fernández Paz, con motivo do 15 aniversario do Premio Raíña Lupa

O xoves da vindeira semana, 17 de febreiro, a área de Cultura da Deputación da Coruña homenaxeará a traxectoria de Agustín Fernández Paz nun acto aberto ao público que terá lugar na Sala Juanjo Gallo (6º andar da sede provincial) ás 19h. Deste xeito, recupérase o acto que tivera que ser suspendido o pasado mes de decembro –por motivos de saúde de dúas das persoas participantes-, e que tiña por obxectivo poñer en valor a obra do escritor que resultara gañador da primeira edición do Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil - Agustín Fernández Paz resultara gañador en 1998 coa obra 'Cos pés no aire'-.

Neste acto de homenaxe, que estará encabezado polo deputado de Cultura, Xurxo Couto, participarán destacadas representantes da literatura galega que tiveron estreira relación co autor e coa súa obra, como son a escritora e académica Fina Casalderrey, o editor Manuel Bragado, o escritor Paco Martín, a escritora Eva Mejuto, e a tradutora Isabel Soto. A actuación musical correrá a cargo de Su Garrido. Tamén convén lembrar a colaboración do ilustrador Miguelanxo Prado que realizou unha imaxe específica para esta homenaxe, partindo dos anos de amizade e de colaboración artística que compartiron ilustrador e autor.

Tamén no acto do xoves 17 de febreiro se presentará o caderno-homenaxe que recolle relatos breves de algúns dos autores e autoras gañadores do Raíña Lupa e que foi coordinado pola comisaria do Premio, Helena Torres. As persoas asistentes á homenaxe serán agasalladas tanto co caderno de relatos como cun marcapáxinas coa imaxe creada por Miguelanxo Prado.