Estás en:Novas

A Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña advirte do aumento de casos en persoas mozas

A deputada de Benestar Social, Ana Lamas, participou hoxe na visita á entidade xunto á alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e a concelleira de servizos sociais da cidade, Yoya Neira


A Deputación colabora con 40.000 euros cos programas terapeuticos da entidade

A Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña advirte do aumento de casos en persoas mozas

A deputada de Benestar Social, Ana Lamas, visitou este mércores a sede da Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña (ABAC) xunto á alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e a concelleira de servizos sociais da cidade, Yoya Neira.

A deputada e a alcaldesa interesáronse pola actividade da entidade, fundada en 1996, que presta atención a máis de 130 persoas, case o dobre que hai uns meses. A Deputación colabora con 40.000 euros cos programas terapéuticos da entidade.

As responsables da entidade, Manuela Naya e Fátima Pérez, explicaron que están a experimentar un aumento de casos en persoas moi mozas, algunhas con só doce anos e que precisan apoio para ampliar as súas instalacións, que quedan pequenas para atender a elevada demanda.
A deputada destacou o importante labor que desenvolve a entidade e comprometeuse a estudar solucións que permitan a ABAC desenvolver o seu traballo nas mellores condicións.

Páxinas suxeridas