Estás en:Novas

Boletín de novidades de marzo

Boletín de novidades de marzo

Xa está dispoñible o boletín de materiais que pasaron a formar parte dos fondos da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña durante o mes de marzo de 2022. Con esta guía podes coñecer as últimas incorporacións á Biblioteca na seccións de adultos, fonoteca, biblioteca xuvenil, BBTK infantil e tamén na biblioteca dixital EbiblioDaCoruna.

Para levar en préstamo é preciso buscar previamente o recurso, ben no catálogo en liña, ben nas guías de novidades ou ben preguntando ao Servizo de Información da Biblioteca.

Para acceder ós contidos dixitais, é preciso estar de alta na EbiblioDaCoruna. Se es usuario de calquera biblioteca pública municipal da provincia da Coruña, ou da Biblioteca da Deputación, podes solicitar a túa alta aquí: Alta no préstamo electrónico.

  • Aquí tes o boletín da EbiblioDaCoruna deste último mes:

Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna marzo 2022. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

  • Le aquí o boletín completo con todas as novidades que entraron a formar parte do noso catálogo no último mes:

Boletín de novidades marzo 2022. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña Descarga