Estás en:Novas

Nova lectura no club dixital: Poetízate

Nova lectura no club dixital: Poetízate

Xa podes unirte á lectura da obra «Poetízate» de Fran Alonso, unha antoloxía de poesía galega para perder o medo a este xénero.
A POESÍA non morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, romanticona nin difícil. Esta divertida antoloxía poética demostra o contrario. De Rosalía de Castro ás poetas novas, propoñémosche unha viaxe polos poemas máis próximos, divertidos e desenfadados da poesía galega. Poetízate é un libro pensado para as persoas que non están afeitas a ler poesía. ¿Para que? Para cantar, berrar, recitar, rapear, musicar, rebelarse contra o mundo ou só para falar suave na orella. Este é un libro para sentir, gozar e intuír a poesía. Así que, xa o sabes: poetízate.

Desde o propio club de lectura dixital podes tomar en préstamo o libro e comentar, citar ou chatear co resto de participantes.

 ENTRAR NO EBIBLIODACORUNA CLUB LECTOR