Estás en:Novas

I Regata do I Circuito Piragüismo AT Deputacion da Coruña 2022

I Regata do I Circuito Piragüismo AT Deputacion da Coruña 2022

Case 300 deportistas con idades entre os 7 e 16 anos déronse cita na primeira proba do I Circuito Piragüismo Deputación da Coruña 2022 que se celebrou o pasado domingo 24 de abril no paseo marítimo do Río Xubia en Narón.

O Club Firrete de Pontedeume resultou o vencedor final na clasificación por equipos con 3080 puntos. Con una axustada marxe de 180 ptos. 2º sería o Ría de Betanzos. Completando o podio da clasificación por equipos o Club Cabanas Kaiak de Mar.

A entrega de premios estivo presidida pola Deputada Provincial de Deportes, Dª Cristina Capelán , a Alcaldesa do Concello de Narón Dª Marián Ferreiro Díaz e o Concelleiro de Deportes do Concello de Narón, D. José Oreona Brá.

A clasificación provisional deste circuíto, a falta doutras 5 probas, queda encabezada por estes mesmos clubs.

1 CLUB NÁUTICO FIRRETE 3080
2 CLUB RIA DE BETANZOS 2891
3 CLUB CABANAS KDM 1699
4 CLUB DEPORTIVO NÁUTICO DE MIÑO 1654
5 CLUB PIRAGÜISMO RIAS BAIXAS-BOIRO 1069
6 SOCIEDAD DEPORTIVA AS XUBIAS 958
7 CLUB PIRAGÜISMO NARÓN 845
8 CLUB GRUPO XUVENIL PIRAGÜISMO AS PONTES 511
9 CLUB DE PIRAGÜISMO RIBEIRAS DO TAMBRE 371
10 CLUB PIRAGÜISMO RIANXO-CONCELLO DE RIANXO 121

A vindeira cita será o 17 de Maio en augas do Porto de Cabo de Cruz en Boiro.

Páxinas suxeridas