Estás en:Novas

Formoso traslada "o apoio, agarimo e solidariedade de Galicia" aos refuxiados ucraínos acollidos pola Deputación no IES Rosalía Mera

Formoso e Lamas visitaron o centro, que acolle a 32 persoas, na súa maioría mulleres e nenos

O presidente da Deputación agradeceu o traballo do equipo técnico da Cruz Vermella que se encarga da inserción social destas persoas e de Inditex, que colaborou na dotación de mobiliario e decoración das instalacións

Formoso traslada

Formoso e Ana Lamas visitaron o centro e interesáronse pola situación que atravesan as 32 persoas que acolle o centro actualmente, a maior parte delas mulleres e nenos

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e a deputada de Benestar Social, Ana Lamas, visitaron hoxe as primeiras persoas refuxiadas da guerra de Ucraína que desde hai uns días acolle a institución provincial na residencia do IES Rosalía Mera da Coruña coa colaboración da Cruz Vermella.

Formoso e Lamas visitaron as instalacións do centro, dotadas de novo mobiliario e decoración grazas á colaboración solidaria de Inditex, e interesáronse pola situación que atravesan as 32 persoas que acolle o centro actualmente, a maior parte delas mulleres e nenos, e polas súas necesidades para facer a súa estancia en Galicia o máis agradable posible.

Formoso explicou que o IES Rosalía Mera funciona como centro de emerxencia na "fase cero" do proceso de acollida e destacou o "soporte importante" que supón para estas familias o equipo técnico da Cruz Vermella, conformado por sete traballadoras e mediadoras sociais e dúas interpretes nativas ucraínas "que están facendo un gran traballo, especialmente cos máis pequenos".

"Estamos aínda na fase de asentamento familiar, de coñecemento do idioma e do entorno", explicou o presidente, que detallou que a Deputación e Cruz Vermella están a prover, ademais das necesidades básicas de aloxamento e manutención, atención sanitaria, trámites de documentación, apoio psicolóxico, aprendizaxe do idioma e outras actividades de inclusión previas á seguinte fase de integración social e laboral destas persoas.

Formoso t, separadas de parte das súas familias que seguen en Ucraína e con incerteza polo futuro". "Esperemos que a guerra acabe pronto e todo isto sexa só un mal recordo, mentres tanto faremos o que estea nas nosas mans para darlles apoio e acollelos como merecen", subliñou.

Unha residencia totalmente equipada

A residencia estudantil do IES Rosalía de Mera foi preparada de urxencia nas últimas semanas para dotala de todos os equipamentos necesarios para este proceso de acollida. Conta cun total de 22 habitacións con baño individual, con capacidade para 44 persoas, ofertándose tamén a cobertura de necesidades básicas como a alimentación, lavandería, mobiliario, conexión a Internet, etc.

Ademais, conta con zonas comúns como salas de estar, de xogo, biblioteca, sala de televisión, comedor, cociña – office, despensa, sala de computadoras, habitacións e despachos para os profesionais que se encargarán da xestión.

A Deputación da Coruña xa conta con experiencias previas neste eido. Na década dos 90, durante o conflito dos Balcáns, colaborou co Goberno Central nun programa de acollida de refuxiados bosnios, que permitiu que trece familias con vinte menores procedentes de Skopje.