Estás en:Novas

O prazo do XVII Premio Jesús Núñez de arte gráfica, convocado pola Deputación da Coruña, remata o 30 de xullo

Dotado con 6.500 euros para a obra gañadora e unha exposición na Fundación CIEC, concede ademais dous accésits, consistentes cada un deles nunha bolsa de matrícula dun módulo do Máster de Obra Gráfica impartido pola citada entidade

Cada artista poderá presentar un máximo dunha obra, en calquera das disciplinas das técnicas gráficas: gravado calcográfico, litografía, serigrafía, xilografía e as súas derivacións

O prazo do XVII Premio Jesús Núñez de arte gráfica, convocado pola Deputación da Coruña, remata o 30 de xullo

Ata o 30 de xullo estará aberto o prazo de presentación de traballos ao XVII Premio Jesús Núñez de arte gráfica, que convoca a Deputación da Coruña na súa liña de apoio á creación artística e, neste caso, ao desenvolvemento da arte gráfica, así como en recoñecemento ao labor realizado pola Fundación Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos e á ampla traxectoria do artista Jesús Núñez, o seu fundador.

Dotado con 6.500 euros para a obra gañadora e unha exposición na Fundación CIEC, concede ademais dous accésits, consistentes cada un deles nunha bolsa de matrícula dun módulo do Máster de Obra Gráfica impartido pola citade entidade.

Poderán optar ao premio todas as persoas maiores de idade, que non obtivesen o premio nos cinco anos anteriores a este, e que presenten obras non premiadas en ningún outro concurso ou certame. Cada artista poderá presentar un máximo dunha obra, en calquera das disciplinas das técnicas gráficas: gravado calcográfico, litografía, serigrafía, xilografía e as súas derivacións.

"Drama en el polígono", da compostelá María Meijide, foi escollida como gañadora en 2021, entre as 135 obras presentadas ao certame, procedentes de 23 países. Os dous accésits recaeron en Julia Marco, pola obra " Places ONE", e en Juan Escudero, por "3 Grados". O xurado concedeu tamén dúas Mencións de Honra: a Claudia Regueiro, por "Ejercicios de estilo", e a Josué López, por "El de los esqueletos".

Páxinas suxeridas