Estás en:Novas

A Deputación financia a reforma integral da rúa Rosalía de Castro, en Mugardos


As obras, con cargo ao Plan Único, contemplan a creación de novos itinerarios peonís, a renovación dos firmes, a dotación dunha rede de saneamento e de augas pluviais no viario de acceso á praia, o soterramento da liña de iluminación, o ordenamento do tráfico peonil, rodado e do aparcamento

A Deputación financia a reforma integral da rúa Rosalía de Castro, en Mugardos

A Deputación da Coruña e o Concello de Mugardos financian a reforma integral da rúa Rosalía de Castro. As obras, actualmente en fase de licitación pública, suporán un investimento de 116.264 euros dos que 75.000 € correrán con cargo ao Plan Único da institución provincial.

A rúa Rosalía de Castro, no extremo oeste do municipio, ten acceso desde a Rúa Peteiro, vía que comunica o centro urbano coa enseada do Baño e o lugar de Esteiro. Actualmente a rúa no dispón de saída polo outro extremo e non conta con itinerarios peonís e espazos para aparcamento na parte inicial da rúa.

O firme da calzada presenta un avanzado estado de deterioro, consecuencia do paso do tempo e da paulatina dotación de novos servizos subterráneos cuxas gabias de aloxamento aparecen claramente marcadas na capa de rodadura. Ademais, a vía de acceso á Praia de Bestarruza, coas augas pluviais circulando indiscriminadamente pola súa deteriorada capa de rodadura presenta tamén un notable deterioro.

As contemplan a creación de novos itinerarios peonís con ordenación dos cruces transversais de calzada a renovación de firmes de calzada, a dotación dunha rede de saneamento e de augas pluviais no viario de acceso á praia, a execución do soterramento futuro da liña de iluminación que non supoña a rotura dos novos pavimentos, e o ordenamento do tráfico peonil, rodado e do aparcamento mediante sinalización viaria horizontal e vertical.

O prazo previsto inicialmente de realización das obras de un mes polo que a vella demanda dos veciños e veciñas desta rúa quedará resolta este mesmo ano.

Páxinas suxeridas