Estás en:Novas

Máis de 600 actrices e actores participaron no Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña

O certame regresou tras a pandemia con 55 obras teatrais en diferentes categorías, desde escolares ata grupos de teatro sénior

O Teatro Colón acolleu esta tarde a entrega de premios da gran cita anual do teatro escolar e afeccionado da provincia da Coruña

Formoso agradeceu a elevada participación de escolares nun certame que na súa 23 edición "mantén o mesmo obxectivo que tiña nos seus inicios: estimular o talento artístico dos escolares e o tecido cultural da provincia", salientou

Máis de 600 actrices e actores participaron no Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña

O presidente entregou o premio de honra a Jesús Ricardo Martín Fernández pola súa traxectoria

O Teatro Colón acolleu hoxe a gala de clausura do XXIII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña, un acto no que se encheu o teatro coruñés para facer a entrega de premios das diferentes categorías.

Un total de 55 obras e máis de 600 actores e actrices de todas as idades e de diferentes centros educativos da provincia, pasaron polas táboas do teatro do IES Rosalía Mera ao longo dos case tres meses de certame que hoxe tocaron ao seu fin.

No acto participaron o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o deputado de Cultura, Xurxo Couto.

Formoso destacou na súa intervención “o gran traballo feito no IES Rosalía Mera para poder levar a cabo esta edición” e cualificou o certame como “a gran cita anual do teatro escolar e afeccionado da provincia da Coruña”. “A pesar da múltiple oferta de ocio coa que, afortunadamente, contamos hoxe en día, o teatro nunca pasa de moda. O teatro está moi vivo, eu diría que máis ca nunca”, salientou.

Ademais, Formoso valorou que “tras máis de dúas décadas de andaina, o certame mantén o mesmo obxectivo que tiña nos seus inicios: estimular o talento artístico dos escolares e do tecido cultural da provincia”.

 A gala estivo conducida por Gemma Pardo e amenizada pola compañía La Sincro e a entregados diferentes premios correu a cargo de actores e actrices premiados en anteriores edicións,membros do xurado e profesionais vinculados ó mundo do teatro e do audiovisual galegos.

Os premios que se entregaron nas diferentes categorías foron o de ‘Mellor dirección artística’, ‘Mellor’ actuación’, ‘Mellor actuación de reparto’, ‘Mellor obra’, e os correspondentes ‘Accésits’. O premio para a mellor obra en categoría sénior foi para ‘Crime Desorganizado’, da Agrupación Teatral Mariñán; o de mellor actuación en categoría sénior foi para Abel Caballero Campos polo seu papel de Líbano en ‘Asinaria’; e o de mellor actuación de reparto en categoría sénior foi para Inés Valiño Calviño polo seu papel de MandyClifor en ‘Crime desorganizado’ da Agrupación Teatral Mariñán. Ademais, entregouse o ‘Premio de honra’ a Jesús Ricardo Martín Fernández pola súa traxectoria no teatro clásico e no teatro da Coruña. 

Relación de premiados 

MELLOR ACTUACIÓN

BENXAMÍN

LUCÍA POCES DIEGUEZ

CEMENTO, LADRILLO, PAN Y MEMBRILLO

TREBELLOS - ESCOLA DE TEATRO MELANDRAINAS

MELLOR ACTUACIÓN REPARTO

CADETE

ANTONIO JOSÉ CANOSA MUÑOZ

EL LINDO DON DIEGO, BREVE COMENTARIO

TELÓN DE AQUILES DO IES MONTE DAS MOAS

MELLOR ACTUACIÓN

CADETE

NOA PARDEIRO FUENTES

EL LINDO DON DIEGO, BREVE COMENTARIO

TELÓN DE AQUILES DO IES MONTE DAS MOAS

MELLOR ACTUACIÓN REPARTO

XUVENIL

JACOBO LOZANO GARCÍA

HÉCUBA

CÍA TEATRO NOITE BOHEMIA

MELLOR ACTUACIÓN

XUVENIL

AMALIA BARREIRO OROSA

EL ACERO DE MADRID

NOITE BOHEMIA

MELLOR ACTUACIÓN REPARTO

SENIOR

INÉS VALIÑO CALVIÑO

CRIME DESORGANIZADO

AGRUPACIÓN TEATRAL MARIÑÁN

MELLOR ACTUACIÓN

SENIOR

ABEL CABALLERO CAMPOS

ASINARIA

ASOCIACIÓN CASA CASTILLA LA MANCHA - CORZO PRODUCCIONES

MELLOR ACTUACIÓN REPARTO

INFANTIL

NURIA SANMARTÍN PASTORIZA

ANIÑA! XUNTAS POR FIN!

ESCOLA GALEGA DE TEATRO MUSICAL - COMPAÑÍA INFANTIL

MELLOR ACTUACIÓN

INFANTIL

JULIA OROZA SANZ

ANIÑA! XUNTAS POR FIN!

ESCOLA GALEGA DE TEATRO MUSICAL - COMPAÑÍA INFANTIL

MELLOR DIRECCIÓN ARTÍSTICA

BENXAMÍN

CEMENTO, LADRILLO, PAN Y MEMBRILLO

TREBELLOS - ESCOLA DE TEATRO MELANDRAINAS

2ª MELLOR OBRA

BENXAMÍN

LA REINA QUE VEÍA LAS ESTRELLAS

ESCOLA DE TEATRO MELANDRAINAS - GRUPO PATACÓN

MELLOR OBRA

BENXAMÍN

CEMENTO, LADRILLO, PAN Y MEMBRILLO

TREBELLOS - ESCOLA DE TEATRO MELANDRAINAS

MELLOR DIRECCIÓN ARTÍSTICA

CADETE

EL LINDO DON DIEGO, BREVE COMENTARIO

TELÓN DE AQUILES DO IES MONTE DAS MOAS

5ª MELLOR OBRA

CADETE

ATAQUE PREVENTIVO

ABRENTE DE LA CÍA NOITE BOHEMIA

4ª MELLOR OBRA

CADETE

MULLERES

CPR LICEO LA PAZ

3ª MELLOR OBRA

CADETE

EL LINDO DON DIEGO, BREVE COMENTARIO

TELÓN DE AQUILES DO IES MONTE DAS MOAS

2ª MELLOR OBRA

CADETE

PIRATEATRO

ESCOLA DE TEATRO MELANDRAINAS - GRUPO COMEDY2

MELLOR OBRA

CADETE

¡ES LA GUERRA!

CPR LICEO LA PAZ

MELLOR DIRECCIÓN ARTÍSTICA

XUVENIL

EL ACERO DE MADRID

NOITE BOHEMIA

5ª MELLOR OBRA

XUVENIL

SUITJAR E O SOÑO PERDIDO

ESCOLA DE TEATRO MELANDRAINAS - GRUPO ES3HA2

4ª MELLOR OBRA

XUVENIL

UNA CENA DE MUERTE

DEIMOS TEATRO

3ª MELLOR OBRA

XUVENIL

HÉCUBA

CÍA TEATRO NOITE BOHEMIA

2ª MELLOR OBRA

XUVENIL

ELECTRA

NOITE BOHEMIA

MELLOR OBRA

XUVENIL

EL ACERO DE MADRID

NOITE BOHEMIA

MELLOR DIRECCIÓN ARTÍSTICA

SENIOR

RETRATOS VELLOS

A TENENCIA TEATRO

5ª MELLOR OBRA

SENIOR

LA VENUS DEL ESPEJO

CAJÓN DE SASTRE

4ª MELLOR OBRA

SENIOR

MILLO

ESCOLA GALEGA DE TEATRO MUSICAL - COMPAÑÍA AFECCIONADA

3ª MELLOR OBRA

SENIOR

ASINARIA

ASOCIACIÓN CASA CASTILLA LA MANCHA - CORZO PRODUCCIONES

2ª MELLOR OBRA

SENIOR

EL CADÁVER DEL SR. GARCÍA

CASA DE CASTILLA LA MANCHA

MELLOR OBRA

SENIOR

CRIME DESORGANIZADO

AGRUPACIÓN TEATRAL MARIÑÁN

MELLOR DIRECCIÓN ARTÍSTICA

INFANTIL

ANIÑA! XUNTAS POR FIN!

ESCOLA GALEGA DE TEATRO MUSICAL - COMPAÑÍA INFANTIL

5ª MELLOR OBRA

INFANTIL

PON EL MUNDO AL REVÉS

OS TRASNOS - ESCOLA DE TEATRO MELANDRAINAS

4ª MELLOR OBRA

INFANTIL

A ILLA DO SETE E MEDO

GRUPO XOSEÍÑ@S - ESCOLA DE TEATRO MELANDRAINAS

3ª MELLOR OBRA

INFANTIL

MULADAR

"OS GALÁNS TEATRO"

2ª MELLOR OBRA

INFANTIL

AY DOCTOR

GRUPO DE TEATRO CEIP EUSEBIO DA GUARDA

MELLOR OBRA

INFANTIL

ANIÑA! XUNTAS POR FIN!

ESCOLA GALEGA DE TEATRO MUSICAL - COMPAÑÍA INFANTIL

PREMIO DE HONRA

JESÚS RICARDO MARTÍN FERNÁNDEZ