Estás en:Novas

A Deputación apoia con 400.000 euros a celebración de 32 grandes eventos deportivos na provincia da Coruña

O 53 Rally de Ferrol, O Northwest Triman das Pontes, o 26 Rallye da Coruña, o Pantín Classic ou o Campionato de España de Autocross, entre os eventos que apoia a Deputación

A Deputación apoia con 400.000 euros a celebración de 32 grandes eventos deportivos na provincia da Coruña

Cristina Capelán no Abanca Pantín Classic, un dos 32 eventos deportivos que apoia a Deputación

A Deputación da Coruña vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a concesión provisional de 32 axudas económicas a outros tantos clubs, asociacións e sociedades deportivas da provincia que levan a cabo distintos eventos deportivos de singular interese nos concellos da provincia durante o ano 2022.

As achegas provinciais, incluídas nunha das múltiples liñas de subvencións ao deporte que impulsa cada ano a Deputación, supoñen investimentos por un importe global de 399.700 euros, que teñen como obxectivo "apoiar a celebración de grandes eventos deportivos, que reúnen a deportistas de gran nivel e que, ademais de fomentar o deporte, contribúen a proxectar a imaxe da nosa provincia a nivel nacional e internacional ", segundo destacou a deputada de Deportes, Cristina Capelán, que subliñou que a Deputación destina este año 4,5 millóns de euros en diferentes liñas de axudas para impulsar o deporte coruñés, desde as categorías de base a grandes eventos coma estes.

Entre as axudas concedidas na convocatoria inclúense probas deportivas de renome como o Abanca Pantín Classic, 53 Rally de Ferrol, o Northwest Triman das Pontes, o 26 Raly da Coruña, a Volta Motociclista a Galicia, a Copa Ibérica Remo Mar, Equiocio en Ferrol, o Campionato de España de Autocross ou o Xacobeo Rally da Auga.

As axudas concedidas destínanse ás seguintes actividades:

Solicitudes

Importe subvención

Beneficiario: AGRUPACION DEPORTIVA NOROESTE BETANZOS MOTOR
Obxecto: XACOBEO-RALLY DA AUGA

14.500,00€

Beneficiario: ASOCIACION CULTURAL DEPORTIVA POLICIA LOCAL DE A CORUÑA
Obxecto: CAMPIONATO DE ESPAÑA MTB POLICÍAS LOCAIS A CORUÑA 2022

12.500,00€

Beneficiario: CLUB CICLISTA PADRONES
Obxecto: ORGANIZACIÓN DA PROBA CICLISTA CLÁSICA DE PASCUA - RUTA XACOBEA - COPA ESPAÑA 2022

9.500,00€

Beneficiario: CLUB DEPORTIVO EQUIOCIO
Obxecto: CELEBRACIÓN DO XXXI "CONCURSO HÍPICO NACIONAL 3 ESTRELLAS" - EQUIOCIO 2022

16.000,00€

Beneficiario: CLUB DEPORTIVO PADRE FAUSTINO
Obxecto: ORGANIZACIÓN DO CAMPIONATO DE ESPAÑA

6.000,00€

Beneficiario: CLUB HERCULES XTRM
Obxecto: CIRCUÍTO DE TRAVESÍAS COSTA 2022

14.500,00€

Beneficiario: CLUB MARINEDA ATLETICO
Obxecto: I TRAIL RUTA DOS FAROS COSTA DA MORTE

8.500,00€

Beneficiario: CLUB MOTO VIGO
Obxecto: VOLTA MOTOCICLISTA A GALICIA 2022

14.500,00€

Beneficiario: CLUB NAUTICO DE SADA
Obxecto: COPA IBÉRICA REMO MAR- GRAN TROFEO DEPUTACIÓN DA CORUÑA

11.500,00€

Beneficiario: CLUB NAUTICO MARINA CORUÑA
Obxecto: I COPA DO EIXO ATLÁNTICO DE REMO DE MAR

10.500,00€

Beneficiario: CLUB PRAIA DE PANTIN
Obxecto: CELEBRACIÓN DO 35 ANIVERSARIO DO CAMPIONATO DO MUNDO DE SURF DA WORLD SURF LEAGUE - "ABANCA PANTIN CLASSIC GALICIA PRO" .

17.000,00€

Beneficiario: CLUB RALLY CORUÑA
Obxecto: CAMPIONATO DE ESPAÑA DE AUTOCROSS, 14º AUTOCROSS DE CARBALLO

12.500,00€

Beneficiario: CLUB RALLYE RIAS ALTAS
Obxecto: ORGANIZACIÓN E DESENVOLVEMENTO DO RALLY RÍAS ALTAS HISTÓRICO 2022

11.500,00€

Beneficiario: CLUB SANTO DOMINGO BETANZOS
Obxecto: ORGANIZACIÓN DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CLUBS INFANTIL FEMININO

12.500,00€

Beneficiario: CLUB SENDA NORTE
Obxecto: CAMPIONATO EUROPEO DAS CARREIRAS REXIONAIS EUROPEAS DAS ARWS (CARREIRAS DE AVENTURA DAS SERIES MUNDIAIS), 5ª CARREIRA DE LIGA ESPAÑOLA DE RAID DE AVENTURA (LERA) E 4ª CARREIRA DE LIGA GALEGA DE RAID DE ORIENTACIÓN

12.500,00€

Beneficiario: CLUB UTMC
Obxecto: II DESAFÍO INTERNACIONAL ECOCAMIÑO (MARCHA CARREIRA) CHALLENGE INTERNATIONAL WAY SANT JAQUES

15.500,00€

Beneficiario: CLUB XIMNASIA RITMICA VIRAVOLTA
Obxecto: VIRAVOLTA JAEL 2022 TORNEO INTERNACIONAL XIMNASIA RÍTMICA

11.500,00€

Beneficiario: ESCUDERIA AUTOMOVILISTICA DEL FERROL
Obxecto: 53 RALLY DE FERROL

12.500,00€

Beneficiario: ESCUDERIA BERBERECHO
Obxecto: XXXVI RALLY BERBERECHO DE NOIA

10.200,00€

Beneficiario: ESCUDERIA LA CORUÑA
Obxecto: 6º ECO RALLY A CORUÑA

11.500,00€

Beneficiario: ESCUDERIA PEÑA AUTOCROSS ARTEIXO
Obxecto: CAMPIONATO DE ESPAÑA DE AUTOCROSS 2022

9.500,00€

Beneficiario: FEDERACION DE SALVAMENTO E SOCORRISMO GALICIA
Obxecto: CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SALVAMENTO E SOCORRISMO POR COMUNIDADES AUTÓNOMAS

14.500,00€

Beneficiario: FEDERACION GALLEGA DE BALONMANO
Obxecto: TORNEO INTERNACIONAL GALICIA BALONMÁN

15.500,00€

Beneficiario: FEDERACION GALLEGA DE VOLEIBOL
Obxecto: PROBA CIRCUITO NACIONAL DE VÓLEI PRAIA

11.500,00€

Beneficiario: FUNDACION EDUCACION E DEPORTE SANTIAGO COMPOSTELA
Obxecto: TORNEO CIDADE DE SANTIAGO FEMININO

10.500,00€

Beneficiario: GALIORIENT SPORT'S
Obxecto: NORTHWEST TRIMAN 2022

11.500,00€

Beneficiario: HOCKEY CLUB LICEO DE LA CORUÑA
Obxecto: GOLDEN CUP 50 ANIVERSARIO HÓCKEY CLUB LICEO, A CORUÑA 2022

12.500,00€

Beneficiario: ITF COIROS
Obxecto: CELEBRACIÓN 1º TROFEO KICKBOXING TATAMI SPORT COIRÓS

11.500,00€

Beneficiario: ONE SEVEN
Obxecto: ORGANIZACIÓN 26º RALLY A CORUÑA 2022

10.500,00€

Beneficiario: SAMURAI SPORT'S CLUB
Obxecto: SAMURAI EXTREME RACE 2022 LAGO DAS PONTES

16.000,00€

Beneficiario: SOCIEDAD DEPORTIVA RIO SAR
Obxecto: ORGANIZACIÓN DO 27º CAMPIONATO DE EUROPA DE COMPAK-SPORTING 2022

15.500,00€

Beneficiario: FEDERACION ESPAÑOLA DE SURF
Obxecto: CAMPIONATO DE ESPAÑA SURFING 2022

15.500,00€

Páxinas suxeridas