Estás en:Novas

A Deputación da Coruña leva a súa campaña de vela a Cariño, Mugardos, Pontedeume, Ponteceso, Dumbría e Rianxo

Levarase a cabo en diferentes quendas, comezando en Cariño o 18 de xullo e rematando en Rianxo o 26 de agosto

A Deputación da Coruña leva a súa campaña de vela a Cariño, Mugardos, Pontedeume, Ponteceso, Dumbría e Rianxo

A Deputación da Coruña quere fomentar outro verán máis a práctica do deporte de vela e con ese obxectivo levará a súa 'Campaña de Vela 2022' a seis concellos da provincia: Cariño, Mugardos, Pontedeume, Ponteceso, Dumbría e Rianxo.

Está dirixida a nenos e nenas empadroados na provincia, nados entre o 1 de xaneiro de 2004 e o 31 de decembro de 2013. Levarase a cabo en diferentes quendas, que terán unha duración dunha semana e nas que se farán dous grupos: de mañá, de 10 a 14 horas, e de tarde, de 16 a 20 horas. É imprescindible que os participantes saiban nadar.

A primeira quenda será en Cariño, do 18 ao 22 de xullo; a segunda en Mugardos, do 25 ao 29 de xullo; a terceira en Pontedeume, do 1 ao 5 de agosto; a cuarta en Ponteceso, do 8 ao 12 de agosto; a quinta en Dumbría, do 15 ao 19 de agosto; e a sexta e última en Rianxo, do 22 ao 16 de agosto. O prezo desta actividade é de 25 euros e cada concello habilitou o seu prazo e método para anotarse.

O programa que se levará a cabo inclúe: a iniciación aos conceptos teóricos de navegación a vela e aos coñecementos básicos dos nós mariños. Ademais, faranse prácticas de navegación a vela.

A deputada de Deportes, Cristina Capelán, valorou "o papel que xogan os deportes náuticos nunha provincia de costa como é a nosa" e salientou que "o noso papel como institución é potenciar este tipo de deportes entre os máis pequenos".

Páxinas suxeridas