Estás en:Novas

Douscentos vinte clubs deportivos da provincia da Coruña reciben o apoio da Deputación para participar en competicións locais, provinciais e autonómicas

A Deputación destina preto de 700.000 de euros a este programa co obxectivo de impulsar o deporte modesto coruñés

Estas axudas compleméntanse con 1 millón de euros que a Deputación destina este ano aos clubs que compiten a nivel nacional e internacional

Douscentos vinte clubs deportivos da provincia da Coruña reciben o apoio da Deputación para participar en competicións locais, provinciais e autonómicas

A área de Deportes da Deputación da Coruña destina este ano 696.962,78 € para apoiar a 220 clubs deportivos da provincia con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito local, provincial ou autonómico durante o 2022.

O ente provincial publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a concesión definitiva destas axudas que permiten dar apoio ao financiamento dos equipos e á súa participación en competicións oficiais, así como fomentar a actividade deportiva na provincia da Coruña.

Esta liña de apoio, con axudas entre os 1.000 e os 6.000 euros, destínanse ao fomento de múltiples disciplinas deportivas, como poden ser o fútbol, balonmán, ciclismo, natación, atletismo ou baloncesto, entre outras.

A deputada responsable da área de Deportes, Cristina Capelán, destacou a importancia deste programa "para apoiar aos equipos e deportistas da provincia, apoiando ao deporte galego nas diferentes categorías e disciplinas co obxectivo de seguir impulsándoo para situalo na vangarda".

A listaxe de beneficiarios das subvencións pode consultarse no BOP de hoxe

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2022/07/15/2022_0000004302.html

Estas axudas complementarase coa liña de subvencións para clubs deportivos da provincia que participan en competicións federadas de ámbito nacional e internacional, cun orzamento de 1 millón de euros.