Estás en:Novas

A Deputación destina, a través do Plan único, 300.000 euros para a mellora da accesibilidade en Vilarrodís, Arteixo

A actuación acometerase na avenida Manuel Platas Varela, que agora non conta con itinerarios peonís accesibles e que, na zona da estación de servizo, carece destes e tamén de pasos de peóns

Os traballos incluirán o ensanchamento das beirarrúas, o redeseño dos pasos de peóns e o pintado de dous

A Deputación destina, a través do Plan único, 300.000 euros para a mellora da accesibilidade en Vilarrodís, Arteixo

A Deputación da Coruña destina, a través do Plan único, 292.361 euros para financiar o proxecto novos, a instalación de mobiliario urbano e a reintegración ambiental do percorrido de mellora da accesiblidade e seguridade viaria no núcleo de Vilarrodís, no concello de Arteixo.

A actuación, que conta cun orzamento total de 308.085,43 euros dos que a Deputación achega 292.361 euros e o Concello a parte restante, 15.724 euros, acometerase na avenida Manuel Platas Varela e permitirá resolver as eivas que presenta agora mesmo esta zona en canto a accesibilidade se refire, con itinerarios peonís non accesibles por ser insuficiente o ancho das beirarrúas ou pola existencia de desniveis. Ademais, na súa marxe esquerda, na contorna da estación de servicio, non hai ningún itinerario peonil nin pasos de peóns.

Os traballos que se van levar a cabo incluirán o ensanchamento das beirarrúas, reducindo a zona destinada ao tránsito de vehículos, e a redistribución do espazo dispoñible. Ademais, modificaranse os pasos de peóns existentes e crearanse dous novos na marxe esquerda da estación de servizo.

A obra atópase en proceso de licitación pública no perfil do contratante do Concello de Arteixo e o prazo de presentación de ofertas finaliza mañá, mércores 17 de agosto

Páxinas suxeridas