Estás en:Novas

A Deputación destina 209.000 euros a través do Plan Único para renovar as instalacións da piscina da Rocheira, en Coristanco

Os traballos inclúen a mellora dos dous vasos, dos vestiarios, da caseta de instalacións e do espazo exterior xunto ás piscinas

O prazo de presentación de ofertas no proceso de licitación pública remata o 7 de setembro

A Coruña, 30 de agosto de 2022. A Deputación da Coruña financia integramente, a través do Plan Único, o proxecto para renovar as instalacións da piscina municipal da Rocheira, no Concello de Coristanco, que conta cun orzamento de 209.479 euros.

Esta actuación ten o obxectivo de crear un deseño máis actual para as dúas piscinas, dotándoas dunha nova zona de praia e duchas así como mellorar as instalacións de depuración da mesma e acondicionar os vestiarios para facelos accesibles.

Na zona de piscinas os traballos inclúen a realización de praias con baldosas de gres antideslizante, o pintado do fondo e das paredes dos vasos, a realización de novas duchas exteriores e a instalación dun ascensor acuático hidráulico.

Nos vestiarios realizaranse tabiques para separar zonas e portas interiores no aseo, ademais de crear baños accesibles e executar novas instalacións de fontanería, saneamento e electricidade. Por outra banda, pintarase a fachada da edificación, instalaranse novos sanitarios e elementos accesibles e colocaranse luminarias.

Na caseta de instalacións realizarase un novo acceso con rampla, cambiaranse as portas de acceso, pintarase o exterior e colocaranse tubaxes para a recollida de auga.

Por último, no espazo exterior xunto ás piscinas demolerase parcialmente o peche perimetral para instalar outro con paneis de malla electrosoldada e colocarase novo mobiliario como papeleiras, mesas e bancos.

O prazo de presentación de ofertas no proceso de licitación pública aberto no perfil do contratante municipal remata o 7 de setembro.

Páxinas suxeridas