Adeus a Javier Marías
" Somos todo lo que ocurre cuando ya no existimos, y todo lo que no había sido si no hubiéramos existido" no libro Juro no decir nunca la verdad.
Javier Marías 1951-2022

Javier Marías, escritor clave de la literatura en español, morría onte en Madrid. Tiña 70 años. En marzo de 2021 publicou a súa 16ª novela, Tomás Nevinson.
A nosa particular homenaxe a amosarvos a súa obra dispoñible na biblioteca para a súa lectura.
Apaixonado de Tintín, do cinema negro, dos soldados de chumbo, Javier Marías alentábase na polémica e metíase en todos os charcos. Eterno candidato ao premio Nobel, rexeitou o Nacional de Narrativa no 2012, cando acababa de publicar Los enamoramientos (2011), porque prefería pertencer ao selecto club dos non premiados entre os que estaban os seus admirados Juan Benet, Gil de Biedma, e o seu propio pai, Julián Marías.
No medio século, escribiu 17 novelas, moitas delas galardoadas, como Corazón tan blanco (1992), premio da Crítica, que o escritor volveu recibir con orgullo nunha segunda ocasión, 26 anos despois, coa novela Berta Isla (2017). Tamén a obra El hombre sentimental fíxose co premio Herralde no 2000 e a súa novela Todas las almas levou o Ciudad de Barcelona e foi finalista do Médicis. Antes publicara Mañana en la batalla piensa en mí, outro dos seus grandes éxitos.
Autor de ensaios, contos, columnista e académico da RAE desde o 2008, Javier Marías reclamaba máis imaxinación e fabulación nas novelas actuais, que consideraba simplistas, e identificábase co pracer de escribir, pero tamén de entreter.
Na súa última novela, Tomás Nevinson, a máis longa das súas obras, Marías recuperou ao protagonista da súa aclamada Berta Isla para penetrarse no mundo dos espías, que para el era semellante ao dos novelistas, por canto o seu oficio ten de desentrañar a historia, aos demais e esa tristeza escondida que todos levamos dentro.
Libros dispoñibles para o préstamo:
Na biblioteca dixital ebibliodacoruna: Entra aquí
Creamos un carrusel cos libros e audiolibros dispoñibles na biblioteca dixital
Libros adicados na Sala César Antonio Molina e Mercedes Monmany
Na biblioteca temos dous exemplares adicados a Mercedes Monmany na sala César Antonio Molina; o título Tu rostro mañana e tamén Los enamoramientos.