Estás en:Novas

Obradoiro de poesía A tiro de verso

De González Garcés a Olga Novo/Pilar Pallarés", un espazo lector para achegarse á poesía galega, coordinado por Apiario

A cita será semanal na Biblioteca provincial, ás 19:00h, durante catro xoves: o 29 de setembro e o 6, 13 e 20 de outubro. Na última sesión, as persoas participantes recibirán un agasallo: coñecer a Pilar Pallarés e Olga Novo e compartir o Obradoiro con elas, as dúas últimas autoras galegas en ser recoñecidas co Premio Nacional de Poesía en 2019 e 2020.

A inscrición é de balde e única para as 4 sesións. Prazas limitadas ata 15 persoas.

INSCRICIÓN

(dende as 09:00 h do día 19 de setembro ata ás 00:00 h do día 29 de setembro)

Fomentar a lectura de poesía en galego é o obxectivo do novo Obradoiro que promove do departamento de Cultura da Deputación da Coruña ao abeiro do Premio González Garcés. Estará coordinado por Apiario baixo o título "A tiro de verso. De González Garcés a Olga Novo/Pilar Pallarés" e comezará o xoves 29 de setembro na Biblioteca Provincial da Coruña.

Durante catro sesións, o obradoiro será un espazo para achegarse á palabra poética, fornecido de lecturas que abranguen dende a obra de González Garcés ata a poesía última. Atallar os prexuízos co xénero e afondar no acontecemento poético, atendendo a teorías que nos poñan en contacto coas poéticas máis relevantes das últimas décadas. Todo isto para deternos en conceptos como silencio, música do poema, poder de suxestión, evocación, corte do verso, imaxe...

Está dirixido a persoas interesadas en aproximarse ou afondar na poesía galega e en adquirir ferramentas para gozar da súa lectura. A cita será semanal, ás 19:00h, durante catro xoves: o 29 de setembro e o 6, 13 e 20 de outubro. Na última sesión, as persoas participantes recibirán un agasallo: coñecer a Pilar Pallarés e Olga Novo e compartir o Obradoiro con elas, as dúas últimas autoras galegas en ser recoñecidas co Premio Nacional de Poesía en 2019 e 2020.