Estás en:Novas

Mostra bibliográfica: Libros dedicados na Sala César Antonio Molina e Mercedes Monmany

Con motivo do 70 Aniversario do nacemento de César Antonio Molina, queremos dar a coñecer parte da súa biblioteca, na que destacan os libros orixinais manuscritos, as galeradas, os libros de bibliófilo, unha importante colección de «Quixotes» e por suposto, os libros dedicados

Mostra bibliográfica: Libros dedicados na Sala César Antonio Molina e Mercedes Monmany

Na súa biblioteca persoal imos atopar libros dedicados por Premios Nobel (Mario Vargas Llosa, Herta Müller, Orhan Pamuk, José Saramago, Camilo José Cela e Seamus Heaney), premios Príncipe e Princesa de Asturias (Antonio Muñoz Molina, Amos Oz, Claudio Magris, Francisco Ayala, Miguel Delibes...) e moitos outros autores reseñables (Javier Marías, os irmáns Goytisolo, Ana María Matute...), dos que vos deixamos unha pequena listaxe ao final deste catálogo
Con todo, para esta exposición, quixemos destacar libros da Biblioteca de César Antonio Molina-Mercedes Monmany que, aínda que non sempre estean escritos polos autores máis recoñecidos, teñen unha dedicatoria ilustrada, orixinal ou visualmente rechamante, libros que, en moitas ocasións, de non abrir as súas primeiras páxinas pasaríannos totalmente desapercibidos e con todo, moitos deles conteñen pequenas obras de arte no seu interior.


Esperamos que a disfrutedes.

E rematamos con esta  felicitación que unha composición que dende a biblioteca provincial facermos vos títulos dos libros que se encontran estre os fondos dispoñibles na sala César Antonio Molina -Mercedes Monmany.

https://youtu.be/Hbq8BKaoZjs


Parabéns no teu día!

Mostra bibliográfica de libros dedicados Sala César Antonio Molina Mercedes Monmany. Biblioteca da Deputación da Coruña.pdf

Páxinas suxeridas