Estás en:Novas

Curso de Lego Wedo

WeDo é a plataforma educativa máis sorprendente e divertida para iniciarse na robótica e na programación.
Os kits teñen máis de 150 pezas, un motor, un sensor
de inclinación e outro de distancia, proporcionándonos
miles de horas de diversión e aprendizaxe.

Curso de Lego Wedo

Dirixido a nen@s de 7 e 8 anos


HORARIO: de 10:30 a 12:00 h

LUGAR: Sala Infantil e Xuvenil

PRAZAS: 12

DATA DE INSCRICIÓN: Comeza o 3 de outubro

DATAS DO CURSO: Os sábados

• 22 e 29 de outubro
• 5, 12, 19 e 26 de novembro
• 3 e 17 decembro
• 14 e 21 de xaneiro

INSCRICIÓN

Poden inscribirse todos os socios/as na páxina web www.dacoruna.gal/biblioteca/actividades
premendo en Inscrición nas actividades TIC e elixindo o curso correspondente (teña o carné da biblioteca a man).

A páxina para inscribirse ás actividades activarase o
3 de outubro ás 10:30 h da mañá. Continuará aberta a inscrición ata que se cubran as prazas e a listaxe de agarda.

Nuns días, ás persoas que obtiveran a praza, comunicaráselles por correo electrónico. Crearanse listaxes de agarda coas persoas non admitidas.

12 prazas por curso.
Reservarase por curso, unha praza por nen@ (agás irmáns)

Para calquera dúbida, chame ao 981 080 171 ou escriba a biblioteca.infantilxuvenil@dacoruna.gal.

Os cursos son totalmente gratuítos. Por iso debemos estar concienciados do importantísimo que é o compromiso e a asistencia dos nenos/as á actividade todos os días.

CURSOS ROBÓTICA NENOS OUTONO 2022.pdf