Estás en:Novas

O Club Náutico Firrete álzase nas Pontes co título do 1º Circuíto de Piragüismo en augas tranquilas da Deputación da Coruña

O gañador da proba pontesa, a última do circuíto, foi o Club Ría de Betanzos, seguido do Náutico Firrete e do Cabanas KDM


A entrega de premios correu a cargo do deputada de Deportes, Cristina Capelán, da concelleira de Industria das Pontes, Ana Pena, e do presidente do Grupo Xuvenil, Jesús Alén

O Club Náutico Firrete álzase nas Pontes co título do 1º Circuíto de Piragüismo en augas tranquilas da Deputación da Coruña

O Club Náutico Firrete, de Pontedeume, alzouse onte, domingo 25 de setembro, como campión do 1º Circuíto de Piragüismo en augas tranquilas da Deputación da Coruña, tralos resultados da proba disputada no lago do Concello das Pontes.

O Club Ría de Betanzos rematou en segundo lugar na clasificación xeral e o Cabanas KDM en terceiro lugar. O gañador da proba pontesa, a última do circuíto, foi o Club Ría de Betanzos, seguido do Náutico Firrete e do Cabanas KDM.

A entrega de premios correu a cargo da deputada de Deportes, Cristina Capelán, da concelleira de Industria das Pontes, Ana Pena, e do presidente do Grupo Xuvenil, Jesús Alén.

Páxinas suxeridas