Estás en:Novas

Samaín na Biblioteca

Ven celebrar con nós o día máis terrorífico do ano. Temos unha selección de literatura en todos os formatos e para todas as idades, películas e un taller temático para gozar en familia.

Samaín na Biblioteca

Samaín para persoas adultas

Preme nesta ligazón para acceder á listaxe de novelas de terror máis recentes que entraron na Biblioteca, perfectas para pasar a tarde tremendo no sofá baixo unha tenue luz. Ou ben elixe algunhas directamente do recuncho que preparamos na sección de préstamo de persoas adultas no primeiro andar.

IMG20221027133853.jpg

Tamén podes achegarte ao recuncho temático de películas de terror e elixir aquelas coas que pasarías a túa peor noite.

20221027_124153.jpg

Samaín na Biblioteca Xuvenil

Na sala Xuvenil podes atopar unha guía de lectura temática. Accede a ela premendo aquí.

E tamén preparamos unha boa selección da mellor literatura de terror:

IMG_2644.jpg

Taller de Samaín 

Ven pasar a tarde de Samaín na Biblioteca!

Idade: Para nenos e nenas de 7 a 12 anos
Data : Luns 31 de outubro de 2022
Horario: 18:00 a 20:00 h.
Prazas: 12

Reserva praza chamando ao teléfono 981 080 171 en horario de 11:00 a 13:00 h e de 17:00 a 20:00 h.  Terán preferencia as persoas socias.

Samaín na EbiblioDaCoruna

Goza do Samaín tamén desde o teu dispositivo dixital descargando os contidos directamente desde a EbiblioDaCoruna. Preparamos esta selección da literatura do xénero. Accede premendo aquí.

Captura.PNG

Páxinas suxeridas