Estás en:Novas

Resolución do concurso #HoxeEscriboEn

Resólvense os premios do concurso de relatos para viaxar polos concellos da provincia da Coruña.

Resolución do concurso #HoxeEscriboEn

Reunido no Pazo Provincial ás 12:00 horas o xurado do Concurso convocado pola Biblioteca Provincial en colaboración coa sección de
Promoción e Desenvolvemento Turístico da Deputación Provincial, conclúese que se presentaron 31 traballos correspondentes a 30
participantes.

Despois do exame das obras presentadas, realízase a rolda de lectura e selecciónanse os traballos finalistas, que segundo o criterio do xurado son os seguintes:


PRIMEIRO PREMIO: Nº 28 Título: Balea Negra, do que é autora Alba Sánchez Ares, referido ao Concello de Camariñas.
SEGUNDO PREMIO: Nº 21 Título: A Dama de Castro de Betanzos, do que é autora Isabel María Bernal Gándara, referido ao Concello de Betanzos.
TERCEIRO PREMIO: Nº 25 Título: Escuridade, do que é autora Alba Alonso López, referido ao Concello de Pontedeume.


O xurado elixiu as obras por axustarse ás bases e ao obxecto do concurso e ademais por destacar polos seguintes aspectos:

Balea Negra, por ser un texto que se axusta ao obxectivo do concurso no que se salienta a súa calidade literaria e a mensaxe que transmite, as referencias literarias e o amplo vocabulario así como a alusión a todos os aspectos culturais e folclóricos de Camariñas.

A Dama de Castro de Betanzos, por ser un relato cun estilo fluído que resalta a importancia das mulleres a través da Dama de Castro.

Escuridade pola orixinalidade do tema reivindicando a importancia de non perder a nosa memoria histórica. Destaca o estilo e a viveza que transmite.


Por último, o xurado tamén propón que dada a calidade xeral dos traballos presentados, reciba cada un dos participantes lotes de libros e produtos da provincia, que segundo as bases do concurso se ían sortear entre as persoas participantes dos concellos.

Parabéns ás persoas gañadoras e a todas as participantes!

Podedes ler os traballos gañadores nas seguintes ligazóns:

Balea Negra

A Dama de Castro de Betanzos

Escuridade

Proximamente informaremos da data para a entrega dos premios e dos lotes a todas as persoas participantes.

Páxinas suxeridas