Estás en:Novas

A Deputación financia a través do Plan Único as obras para dotar de saneamento ao núcleo de Cans, en Porto do Son

A obra conta cun orzamento de 119.213,62 euros

Proxéctase unha nova rede de colectores, un pozo de bombeo, as acometidas correspondentes e a reposición do pavimento das vías afectadas

A Deputación financia a través do Plan Único as obras para dotar de saneamento ao núcleo de Cans, en Porto do Son

A Deputación da Coruña financia a través do Plan Único as obras para dotar de rede de saneamento o núcleo de Cans, na parroquia de Nebra do Concello de Porto do Son, unha actuación que conta cun orzamento de 119.213,62 euros.

Este proxecto, que está actualmente a licitación pública, permitirá dotar de saneamento o núcleo de Cans, que actualmente carece deste servizos. Para isto, crearase unha nova rede de colectores e un pozo de bombeo, que estará situado xunto ao aparcamento da praia de Aguieira. Tamén se inclúen as 15 acometidas correspondentes ás parcelas e edificacións ás que se prevé dar servizo e a reposición do pavimento afectado dos traballos.

Ademais, executarase un cruce baixo a estrada AC-550 para conectar á rede xeral un colector que recolle as augas das vivendas situadas na marxe esquerda da estrada e que actualmente está sen servizo.

O prazo para presentar ofertas ao proceso de licitación pública rematará o próximo 21 de novembro.