Estás en:Novas
Nova lectura no Club dixital EbiblioDaCoruna

"Carrusel" de Berta Dávila

Accede libremente coas claves da EbiblioDaCoruna a partir do día 3 de novembro.

A partir do xoves 3 de novembro podes entrar no Club de lectura dixital EbiblioDaCoruna e tomar en préstamo a obra "Carrusel" de Berta Dávila. Estaremos traballando sobre este libro na sala Arredor dos libros. Entra, toma o libro prestado, le, comenta, e fala co resto de participantes.

Esta novela, Premio García Barros 2019 e Premio da Crítica Española 2019, adéntranos no universo dunha escritora que atravesa unha crise creativa e decide elaborar un relato do seu percurso vital coa intención de encontrarlle sentido a un pasado difícil, marcado pola doenza mental que padece. Enfrontar as propias pantasmas nun libro lévaa a mergullarse no pouso íntimo das vivencias que o tempo deixou atrás e nas afinidades ignotas e inusitadas que elaboran as lembranzas da súa historia familiar e persoal.

Se tes as claves da EbiblioDaCoruna, accede ao club premendo aquí.

Se aínda non tes as claves, dáte de alta premendo aquí.

Páxinas suxeridas