Estás en:Novas

Formoso recibiu o novo presidente da SD Compostela, Juan Carlos Rodríguez Gesto

Formoso recibiu o novo presidente da SD Compostela, Juan Carlos Rodríguez Gesto

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu no seu despacho da institución provincial ao novo presidente da SD Compostela, Juan Carlos Rodríguez Gesto, e ao vicepresidente, Javier García.

O encontro enmárcase na rolda de contactos institucionais do novo presidente do Compostela, que conta cunha longa traxectoria profesional, parte dela vinculada ao club como asesor xurídico e membro da xunta directiva, da que foi secretario xeral.

Entre outras cuestións, González Formoso e Rodríguez Gesto abordaron o apoio da Deputación ao deporte na provincia e a importancia de seguir impulsando o fútbol base, con iniciativas como o Trofeo Alevín de Fútbol 8 da Deputación, celebrado o pasado setembro coa colaboración da SD Compostela no campo das Cancelas o pasado setembro e que resultou un éxito de convocatoria, ao contar participación 336 nenos e nenas de 24 equipos da provincia.

Formoso desexou a Rodríguez Gesto os maiores éxitos deportivos nesta nova etapa.

Páxinas suxeridas