Estás en:Novas

Venres de plastilina na Bebeteca

Do 11 de novembro ao 9 de decembro a Bbtk Infantil organizará talleres de plastilina.

Vén pasar a tarde do venres na biblioteca!

Venres de plastilina na Bebeteca

Talleres de balde orientados a nenos e nenas de 3 a 6 anos, impartidos por Ana Tenreiro.

Datas dos talleres segundo as idades:


Para 3 e 4 anos serán de 18:00 a 19:00 h os venres:

• 11 e 25 de novembro
• 9 de decembro


Para 5 e 6 anos serán de 18:00  a 19:30 h os venres:

• 18 de novembro
• 2 de decembro


10 prazas por cada sábado. Reservar praza (1 por neno/a agás irmáns/ás) na Bebeteca ou chame ao teléfono 981 080 174 a partir do luns anterior a cada actividade en horario de 15:00 a 20:15 h. Cada neno/a deberá estar acompañado/a por unha persoa adulta. Terán preferencia socios/as.