Estás en:Novas

Acto do Concurso #HoxeEscriboEn

Presentación do libro e entrega de agasallos das edicións 2020, 2021 e 2022.

Acto do Concurso #HoxeEscriboEn

O vindeiro mércores día 30 de novembro ás 11:00 h, terá lugar na Sala César Antonio Molina e Mercedes Monmany da Biblioteca provincial o acto do Concurso HoxeEscriboEn convocado pola Biblioteca provincial en colaboración coa sección de Promoción e Desenvolvemento Turístico da Deputación provincial.

  • Presentación do libro editado pola Deputación que recolle os relatos das edicións de 2020 e 2021. Entregarase de agasallo un exemplar a cada unha das persoas participantes de ambas edicións.
  • Entrega dos premios ás 3 persoas gañadoras da edición de 2022. Podes ler os relatos premiados na web da Biblioteca provincial.
  • Entrega de lotes de produtos gastronómicos e promocionais a cada unha das persoas participantes da edición de 2022.

Pódese ver a resolución do concurso da edición 2022 aquí.

Están convidadas todas as persoas participantes nas edicións 2020, 2021 e 2022. Para asistir, por favor confirma a túa asistencia no correo biblioteca.info@dacoruna.gal.