Estás en:Novas

A Deputación apoia as actividades do Ano Xubilar Mariano de Cee

A vila acolle hasta maio de 2023 distintas actividades culturais para impulsar a ruta xacobea do Camiño Fisterra-Muxía

A promoción do Ano Xubilar en Fitur ou o concerto de Rocío Caamaño, entre as actividades que contan co apoio da Deputación

A Deputación apoia as actividades do Ano Xubilar Mariano de Cee

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o representante da Asociación Amigos da Xunqueira, Iván Pérez, asinaron o convenio de colaboración para o financiamento das numerosas actividades incluídas no Ano Xubilar Mariano de Cee, nun acto ao que asistiron a alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, e o o párroco Désirée Kouakou.

A administración provincial apoia este programa de actividades cunha achega de 40.000 euros, un 33 % dos 121.211 euros totais.

O obxecto desta colaboración é axudar á asociación no desenvolvemento da súa ampla programación cultural, que comezou o 1 de maio de 2022 e remata o 1 de maio de 2023, e coa que se pretende reforzar o atractivo turístico da ruta xacobea do Camiño Fisterra-Muxía.

Durante este tempo estanse a celebrar diferentes actividades destinadas a impulsar o turismo, a cultura e a divulgar o rico patrimonio histórico que atesoura a vila de Cee. Entre estas actividades destacan a inauguración do propio Ano Santo coa apertura da Porta Santa, a recepción de Cee de máis dun millar de mozas e mozos que participaron nas peregrinacións europeas, conferencias sobre cuestións relacionadas co patrimonio e o Camiño, a promoción do vídeo "Cee Ano Xubilar" en Fitur, a feira turística máis importante de España, ou o concerto que a cantante Rocío Caamaño ofreceu na localidade o pasado mes de novembro.

O presidente, Valentín González Formoso, destacou a implicación persoal da alcaldesa Margarita Lamela para lograr a colaboración da Deputación nun evento tan singular e importante para a vila.

Pola súa banda, a alcaldesa agradeceu a colaboración da Deputación para impulsar este amplo calendario de actividades que está convertindo a Cee "no epicentro de peregrinacións e de actividade cultural" durante o Ano Xubliar.