Estás en:Novas

Xa é Nadal na Biblioteca!

Xa é Nadal na Biblioteca!

Vinde celebrar o Nadal á Biblio, onde en cada sala hai un recuncho especial dedicado a estas festas, guías de lectura para seleccionar libros coa temática das datas, actividades...

Do 23 de decembro ao 8 de xaneiro, o horario especial da Biblioteca será:

Xeral da Biblioteca: de luns a venres de 8:30 a 19:30 h. Sábados pechado.

Biblioteca Xuvenil: de luns a venres de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 19:30 h. Sábados pechado.

BBTK Infantil: só para actividades de plastilina, salvo os días 2, 3 e 4 de xaneiro que abre de 11:00 a 13:00 h.

Resumímosche o que podes atopar durante estas datas nas diferentes seccións da Biblioteca:

BBTK Infantil

Na BBTK tes varios libros dedicados a estas datas especiais orientados aos máis pequenos da casa. Ademais podes atopar unha guía de libros para regalar ou pedir este Nadal. Accede premendo aquí.

Ademais, do 23 de decembro ao 4 de xaneiro organizamos obradoiros de plastilina, para que nenos e nenas de entre 3 e 6 anos poidan crear as súas personaxes favoritas neste material.

Para 3 e 4 anos serán de 18:30 a 19:30 h os días:

• 23, 27 e 29 de decembro

• 2 e 4 de xaneiro

Para 5 e 6 anos serán de 18:00 a 19:30 h os días:

• 26, 28 e 30 de decembro
• 3 de xaneiro

Hai 10 prazas cada día e non é preciso anotarse, a entrada é libre e de balde ata completar o grupo. Cada neno ou nena deberá estar en compañía dunha persoa adulta.

BIBLIOTECA XUVENIL

Na Sala dedicada aos mozos e mozas tamén vivimos o espírito do Nadal. O pasado venres celebramos o Obradoiro temático para rapaces e rapazas de entre 7 e 12 anos, e temos unha selección de libros pensados para gozar destas datas na mellor compañía. Consulta a guía de lectura e selecciona o teu libro premendo aquí.

 

SECCIÓN DE PERSOAS ADULTAS

Na sección de préstamo de persoas adultas podes levar algunha das propostas de literatura ou música que che propoñemos nos recunchos temáticos que atoparás no primeiro andar. E podes levar tamén un marcapáxinas-calendario para o novo ano moi útil!

BIBLIOTECA DIXITAL EBIBLIODACORUNA

Na EbiblioDaCoruna tamén podes acceder a recursos dixitais de Nadal de xeito moi sinxelo. Accede ao carrusel de lecturas premendo aquí.