Estás en:Novas
8M

Reto #8autoras8lecturas

Co gallo do vindeiro 8M queremos comezar o mes de marzo propoñendo un pequeno xogo en forma de reto #8autoras8lecturas. Un pequeno recordatorio do talento das nosas escritoras actuais e do poder das súas historias, as que non queremos deixar ler, recomendar e gozar.

Trátase de contestar 8 preguntas ( 1 cada día dende hoxe ao 8 de marzo)  relacionadas con obras de autoras da provincia e podedes facelo de dúas maneiras:

    • A través das nosas redes sociais ( Facebook, Twitter e Instagram nas que cada día,dende o 1 ata o 8 de marzo, publicaremos unha pregunta
    • Na Biblioteca Provincial: contestando ao  cuestionario en papel que atoparedes no mostrador de préstamo da biblioteca ou  AQUÍ.  Podedes levalo e traelo de volta antes do día 8 de marzo.

As  persoas que acerten todas as preguntas (sexa nas redes sociais ou entregando o cuestionario en papel) terán un agasallo esperando na Biblioteca!

Anímate a participar no noso reto 8M!