Estás en:Novas

Encontro con Aldaolado no club EbiblioDaCoruna

Para conmemorar o Día da poesía, teremos un encontro a través de Meet aberto a calquera participante o 23 de marzo ás 20:00 h.

Encontro con Aldaolado no club EbiblioDaCoruna

Desde o 8 de marzo estamos a ler "Ninguén morreu de ler poesía" de Aldaolado no Club de lectura dixital EbiblioDaCoruna, accesible a todas as persoas lectoras da provincia da Coruña socias dalgunha biblioteca pública municipal. Calquera persoa se pode unir ao club e prestar o libro desde a plataforma.

Para conmemorar o Día da poesía e grazas á colaboración das autoras, teremos un encontro con Aldaolado o vindeiro xoves 23 de marzo ás 20:00 h a través de Meet no propio Club de lectura. Acceder en: https://meet.google.com/xze-xbfs-hdp

Animádevos a aproveitar a oportunidade de ler o libro, entrar no club e desfrutar do encontro coas autoras!

Páxinas suxeridas