Estás en:Novas

A Deputación encarga dous proxectos para a ampliación e mellora das estradas DP 5001 e DP 5002, en Monfero

A Deputación encarga dous proxectos para a ampliación e mellora das estradas DP 5001 e DP 5002, en Monfero

O deputado portavoz do goberno provincial Bernardo Fernández visitou esta mañá o concello de Monfero. Xunto co alcalde, Andrés Feal, e o tenente alcalde Alberto Cortizas visitou as estradas provinciais de Carballiño á Curra polo alto de Xestoso (DP-5001) e da Pila de Leña a Lagares (DP-5002) para supervisar o seu estado.

O alcalde destacou a necesidade de efectuar melloras nestes viais, tanto na renovación do firme como na ampliación dalgúns tramos, co obxecto de garantir a seguridade do tráfico.

Bernardo Fernández confirmou que a Deputación encragará a redacción de dous proxectos para a mellora integral destas estradas, que deberán acomterse por fases, especialmente na DP 5001, debido á súa lonxitude (15,6 quilómetros).