Estás en:Novas

A Deputación financia a contratación de técnicos de deportes en 65 concellos da provincia

A deputada de Deportes, Cristina Capelán, destaca que programa xera emprego e facilita que os municipios coruñeses poidan desenvolver programacións deportivas de carácter estable

O programa supón un investimento de 848.269 euros

A Deputación financia a contratación de técnicos de deportes en 65 concellos da provincia

A deputada de Deportes, Cristina Capelán, durante unha visita a unha actividade deportiva

A Deputación da Coruña vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia a concesión provisional das axudas que concede para a contratación de persoal técnico deportivo nos concellos da provincia.

Este ano, sesenta e cinco concellos contratarán ou manterán no seu cadro de persoal a técnicos deportivos municipais grazas ao apoio económico da Deputación, que destina 848.269 euros para financiar este programa.

A deputada responsable da área de Deportes, Cristina Capelán, destacou que estas axudas "ademais de crear 65 postos de traballo na provincia entre os profesionais do deporte, facilitan tamén que os municipios da provincia poidan desenvolver programacións deportivas de carácter estable e fomentar o deporte e a actividade física entre a poboación, especialmente nenos e maiores".

A Deputación financia ata o 80% dos custes salariais (soldo e Seguridade Social) do persoal técnico deportivo contratado durante un ano, cunha achega máxima de 15.000 euros para aqueles municipios que optan pola contratación dun graduado universitario en Ciencias da Actividade Física e o Deporte que traballe a xornada completa. Os concellos poden contratar tamén técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas e facelo a xornada completa ou media xornada, aboando sempre o 20% restante do salario.

Ligazón ao BOP :

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2023/04/25/2023_0000003085.html

Comarca de Santiago

 

CONCELLO

ACHEGA

A Baña

15.000

Ames

15.000

Boimorto

15.000

Boqueixón

10.000

Dodro

15.000

Frades

10.000

Melide

10.000

Mesía

15.000

Ordes

15.000

Oroso

10.000

Padrón

15.000

Rois

15.000

Santa Comba

15.000

Santiso

15.000

Teo

15.000

Toques

15.000

Touro

15.000

Trazo

15.000

Val do Dubra

10.000

Vedra

10.000

O Pino

15.000

Total

285.000

 

 

Comarca da Coruña e As Mariñas

 

CONCELLO

ACHEGA

Abegondo

15.000

Aranga

15.000

Arteixo

15.000

Betanzos

  7.500

Cambre

10.000

Carral

15.000

Coirós

15.000

Culleredo

15.000

Irixoa

10.000

Oleiros

15.000

Sada

10.000

Sobrado

15.000

Vilasantar

10.000

Total

167.500

 

 

Comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal

 

CONCELLO

ACHEGA

Ares

15.000

Cariño

15.000

Cedeira

  5.769,23

Fene

15.000

Moeche

10.000

Monfero

15.000

Mugardos

15.000

Pontedeume

15.000

San Sadurniño

15.000

Valdoviño

15.000

Total

135.769,23

 

 

Comarca de Bergantiños – Costa da Morte

 

CONCELLO

ACHEGA

Cabana de Bergantiños

5.000

Camariñas

5.000

Carballo

15.000

Cee

15.000

Cerceda

10.000

Corcubión

15.000

Dumbría

10.000

Fisterra

10.000

Malpica

15.000

Ponteceso

15.000

Vimianzo

15.000

Zas

10.000

Total

140.000

 

 

 

Comarca do Barbanza

 

CONCELLO

ACHEGA

A Pobra

15.000

Boiro

15.000

Carnota

15.000

Lousame

10.000

Mazaricos

15.000

Outes

10.000

Porto do Son

10.000

Rianxo

15.000

Ribeira

15.000

Total

120.000