Estás en:Novas

BAIXAS POR INCAPACIDADE TEMPORAL (IT) QUE ENTRAN EN VIGOR O 1 DE XUÑO DE 2023.

BAIXAS POR INCAPACIDADE TEMPORAL (IT) QUE ENTRAN EN VIGOR O 1 DE XUÑO DE 2023.

BAIXAS POR INCAPACIDADE TEMPORAL (IT) QUE ENTRAN EN VIGOR O 1 DE XUÑO DE 2023.

Hoxe, 1 de xuño, entra en vigor unha importante actualización sobre as baixas por Incapacidade Temporal (IT).

Segundo a nova lei aprobada, creáronse tres novos supostos específicos de IT:

Baixa por menstruación incapacitante secundaria: Agora recoñécese a incapacidade derivada da dismenorrea asociada a condicións médicas como endometriose, miomas, entre outras. O destacado é que esta baixa estará cuberta desde o primeiro día pola Seguridade Social.

Baixa por interrupción do embarazo: Tanto as interrupcións voluntarias como as non voluntarias do embarazo serán consideradas situacións especiais de IT. O subsidio será asumido pola Seguridade Social a partir do día seguinte á baixa, mentres se reciba asistencia sanitaria e se estea impedida para traballar. Ademais, a empresa deberá pagar o salario íntegro correspondente ao día da baixa.

Baixa por xestación desde a semana 39: Establécese que a xestación para partir do primeiro día da semana 39 tamén será unha situación especial de IT. A Seguridade Social cubrirá o subsidio desde o día seguinte á baixa, e a empresa deberá aboar o salario íntegro correspondente ao día da baixa. Requírese un período mínimo de cotización para acceder a esta prestación.

Estes cambios representan avances significativos na protección da saúde e os dereitos das mulleres.

Se desexas máis detalles sobre os trámites e como se emitirán os partes de baixa, confirmación e alta, AMPLÍA A INFORMACIÓN AQUÍ