A Deputación inviste 900.000 euros na limpeza de praias dos concellos coruñeses
Un total de 41 concellos costeiros recibirán axudas este verán para financiar a contratación de brigadas durante tres meses
Xunto co programa de contratación de socorristas, supón a creación duns 300 empregos durante a temporada estival
A Deputación da Coruña publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia a concesión provisional do programa de limpeza de praias 2023, a través do cal a Deputación da Coruña concedeu 900.000 euros entre 41 municipios costeiros da provincia.
A finalidade do programa é apoiar os concellos coruñeses no sostemento dos gastos de contratación do persoal das brigadas que se encargarán da limpeza dos areais da provincia, así como da adquisición do material necesario, coma o vestiario ou o combustible.
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destaca a importancia deste programa "que contribúe a que as praias da provincia estean en condicións óptimas durante o verán e impulsa tamén a creación de emprego durante o período estival, xa que a cargo deste programa e do de contratación de socorristas en piscinas municipais e praias fluviais contrátanse cada ano preto de 300 persoas".
Axudas de entre 6.768 e 33.840 euros
A subvención para a creación destas brigadas de limpeza ten unha duración máxima de tres meses, que deberán estar comprendidos entre o 1 de abril e o 31 de outubro de 2023. O importe máximo que se concedeu ascende a 31.524 (Ferrol e Carballo) euros e o mínimo a 6.768 euros (Outes, Neda e Corcubión)
A Deputación aplica criterios obxectivos para a baremación das solicitudes, en función da superficie total das praias existentes en cada termo municipal, segundo os datos facilitados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e a poboación oficial do concello, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística.
LISTAXE DE AXUDAS CONCEDIDAS -LIMPEZA DE PRAIAS VERÁN 2023
Beneficiarios | Importe |
Beneficiario: CONCELLO DA CORUÑA | 25.219,43€ |
Beneficiario: CONCELLO DA LARACHA | 21.328,26 € |
Beneficiario: CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL | 23.025,60 € |
Beneficiario: CONCELLO DE ARES | 25.219,43 € |
Beneficiario: CONCELLO DE ARTEIXO | 25.219,43 € |
Beneficiario: CONCELLO DE BERGONDO | 23.643,21 € |
Beneficiario: CONCELLO DE BOIRO | 25.849,91 € |
Beneficiario: CONCELLO DE CABANA DE BERGANTIÑOS | 15.000,68 € |
Beneficiario: CONCELLO DE CABANAS | 23.327,97 € |
Beneficiario: CONCELLO DE CAMARIÑAS | 25.922,61 € |
Beneficiario: CONCELLO DE CARBALLO | 31.524,28 € |
Beneficiario: CONCELLO DE CARIÑO | 15.924,23 € |
Beneficiario: CONCELLO DE CARNOTA | 29.632,83 € |
Beneficiario: CONCELLO DE CEDEIRA | 11.521,13 € |
Beneficiario: CONCELLO DE CEE | 22.067,00 € |
Beneficiario: CONCELLO DE CORCUBIÓN | 6.768,00 € |
Beneficiario: CONCELLO DE DUMBRIA | 15.340,49 € |
Beneficiario: CONCELLO DE FENE | 8.370,75 € |
Beneficiario: CONCELLO DE FERROL | 31.524,28 € |
Beneficiario: CONCELLO DE FISTERRA | 25.136,38 € |
Beneficiario: CONCELLO DE LAXE | 26.480,40 € |
Beneficiario: CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS | 12.449,09 € |
Beneficiario: CONCELLO DE MAÑON | 23.518,54 € |
Beneficiario: CONCELLO DE MIÑO | 25.219,43 € |
Beneficiario: CONCELLO DE MUGARDOS | 20.490,78 € |
Beneficiario: CONCELLO DE MUROS | 25.219, 43 € |
Beneficiario: CONCELLO DE MUXÍA | 19.562,94 € |
Beneficiario: CONCELLO DE NARÓN | 22.067,00 € |
Beneficiario: CONCELLO DE NEDA | 6.768,00 € |
Beneficiario: CONCELLO DE NOIA | 19.444,52 € |
Beneficiario: CONCELLO DE OLEIROS | 28.371,85 € |
Beneficiario: CONCELLO DE ORTIGUEIRA | 28.742,50 € |
Beneficiario: CONCELLO DE OUTES | 6.768,00 € |
Beneficiario: CONCELLO DE PADERNE | 18.284,08 € |
Beneficiario: CONCELLO DE PONTECESO | 29.948,07 € |
Beneficiario: CONCELLO DE PONTEDEUME | 20.490, 78€ |
Beneficiario: CONCELLO DE PORTO DO SON | 29.948,07 € |
Beneficiario: CONCELLO DE RIANXO | 22.382,24 € |
Beneficiario: CONCELLO DE RIBEIRA | 28.056,61 € |
Beneficiario: CONCELLO DE SADA | 24.273,70 € |
Beneficiario: CONCELLO DE VALDOVIÑO | 29.948,07 € |