Estás en:Novas

A deputada de Emprego participou no IV Cume FEDEPE sobre Liderado, Sostibilidade e Economía

Rosa Ana García participou na Mesa sobre a "Folla de ruta empresarial na nova revolución tecnolóxica ante os desafíos medioambientais"

Á xornada asistiron mulleres empresarias de todo o territorio nacional

A deputada de Emprego participou no  IV Cume FEDEPE sobre Liderado, Sostibilidade e Economía

Esta mañá celebrouse o IV Cume FEDEPE na sede da Fundación Barrié. Este evento, coorganizado nesta ocasión pola Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias e a Asociación de Empresarias da Coruña (AECO) tiña por obxecto debater, intercambiar opinións e experiencias sobre o liderado feminino, a sostibilidade empresarial e a economía.

A xornada estruturouse en dous grandes bloques: o bloque económico e o bloque de cooperación empresarial, que á súa vez articulábanse en mesas de debate.
Rosa Ana García, deputada de Industria, Empresa, Medio Ambiente, Emprego e Política Demográfica, participou na Mesa sobre a "Folla de ruta empresarial na nova revolución tecnolóxica ante os desafíos medioambientais", xunto con Pilar Otero González, directora xeral de Frigoríficos Rosa de los Vientos; María Sande, xefa de Comunicación Noroeste de Coca-Cola; e Rebeca Acebrón San Miguel, CEO de ACEBRÓN GROUP.

Durante a súa intervención tivo ocasión de presentar o ecosistema dixital do sector audiovisual, así como os distintos plans de desenvolvemento turístico sostible en destino que se están a impulsar desde a Deputación da Coruña, ambas iniciativas promovidas no marco das Axenda Rural e Urbana Provinciais e da Estratexia de dixitalización provincial.

García fixo fincapé en que "a política pública é unha ferramenta que configura o desenvolvemento empresarial do territorio, na medida en que permite canalizar a apertura comercial das pemes, impulsar a innovación e atraer investimentos".

Cando a deputada da área de emprego foi preguntada por exemplos de programas de apoio a emprendedores e empresas locais non dubidou en destacar o papel do PEL (Plan de Emprego Local) e da Rede Provincial de Coworking.

O PEL, posto en marcha en 2016, ten investido xa na provincia máis de 106 millóns de euros en axudas e proxectos para a mellora da competitividade das pemes e a creación directa de máis de 6.000 empregos.


Pola súa banda, a Rede Provincial de Coworking apoia a creación e consolidación de empresas a través da prestación de servizos de asesoramento, titorización e formación que se ofrece ás persoas promotoras de novos proxectos empresariais e emprendedores. Está formada por 11 centros de traballo colaborativos de distintas características, especializados sectorialmente, atendendo á estrutura produtiva das distintas zonas do territorio.
Durante o debate Rosa Ana García amosou a relación entre as políticas gobernamentais a as estratexias empresariais na promoción dun futuro sostible e equitativo utilizando dous exemplos: a Oficina Next da Capela, posta en marcha en 2022 grazas ao Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia; e a Oficina Acelerapyme que a Deputación estableceu en Ponteceso, grazas á cal pemes, persoas autónomas o emprendedoras acceden directamente ao kit dixital e a asesoramento directo y especializado para afrontar su proceso de dixitalización.

As asociacións FEDEPE e AECO

A Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE) é unha federación de asociacións sen ánimo de lucro nada en 1987. Actualmente agrupa a preto de 26.000 mulleres empresarias, directivas e profesionais de todos os sectores empresariais e da Administración Pública. Desde 2021 FEDEPE organiza por toda España cumes nacionais nas que se reúnen empresarias e asociacións de todo o país.
Con motivo do 50 aniversario da Asociación de Empresarias da Coruña (AECO), FEDEPE escolleu esta cidade como destino de celebración da IV Cume.
AECO é a asociación empresarial de mulleres máis antiga de España. É unha asociación sen ánimo de lucro interprofesional, empresarial e plurirrepresentativa. Naceu en 1971 co obxecto de fomentar e defender os intereses xerais das empresarias, propiciando o desenvolvemento territorial, social, cultural e de servizos de toda a provincia. Actualmente agrupa a máis de 190 empresas, maiormente pemes e persoas autónomas.
O Cume, promovido nesta ocasión por ambas entidades, ten como obxectivo fomentar o empoderamento e a colaboración entre mulleres empresarias en toda España a través de diversas actividades e conferencias, procurando fortalecer os lazos empresariais e promovendo deste xeito o turismo na cidade da Coruña e a súa contorna.